Xosé Comoxo-Xesús
Santos
O
13 de xaneiro de 1809, en Santiago decidiron poñer un bando “noticiando
hallarse cercano” o
exército francés. Segundo o comunicado, a veciñanza debía evitar
toda extorsión, e sairía a recibilos en paz unha Deputación de persoas de
primeira “distinción del Pueblo”. A plana maior francesa debían aloxala “a
donde mejor combenga”; e a tropa nos cuarteis, colexios e conventos da cidade.
Capitulada
Coruña, os invasores colleron dirección Santiago. O nerviosismo da veciñanza de
Compostela era patente. Tamén acontecía en Rianxo, onde publicaban un
bando para tratar de conservar a tranquilidade; os veciños non podían andar en grupos
e as tabernas pecharían ás 8 da tarde.
A
noticia segura da toma de Santiago chegou na mañá do 17. Tróuxoa a Rianxo
Caetano de la Iglesia. Ao efecto, desde o Concello enviaban ao escribán Pedro
Dieste a informarse á capital. Non deu chegado: "en todo el
camino y con especialidad desde la Esclavitud para delante hallé noticias y
datos ciertos y seguros de que en la mañana de hoy entraran en Santiago los
franceses”.
A
todo isto, o arcebispo Rafael de Múzquiz y Aldunate fuxira. O Congreso
de Notables, ao mando do alcalde afrancesado Fraguío, tratou de que volvera; o
arcebispo, desde o seu suposto paradoiro de San Pedro de Muro,
manifestáballe, o 5 de febreiro, que estaba indisposto. Ese mesmo día, o
Congreso enviou ordes as xustizas das vilas e portos para que indagaran o seu
paradoiro “pues ha corrido la voz, y es publico pasó con
dirección a alguno de dichos puertos”.
En
realidade, o prelado estaba soportando o furor da plebe “ignorante”. Primeiro
na reitoral de Isorna-Rianxo, de onde fuxiu ás dúas da madrugada ante
“la turba que lo quería asesinar”, salvándose grazas ao señor Cobián, de
Padrón, e ao abade de Isorna, que lograran contelos. En Vilaxoán, tamén
quixeron acoitelalo. Embarcou desde un punto “descoñecido” da ría de Arousa
(posiblemente o Grove), o 19 de febreiro, con dirección a Cádiz, pero debido ao
mal tempo o barco arribou en Lisboa o 1 de marzo. Foi autorizado a pasar a
Ayamonte, onde permaneceu ata novembro.
As
súas peripecias descríbeas nunha extensa carta, inédita ata o de agora, que
copiamos en parte:
“Quien
creyera Serenísimo Señor que en mis últimos años avía de andar prófugo y
fugitivo, disfrazado en mi propio Arzobispado, y ocultándome de mis propias
ovejas para no caer en manos de los Franceses, ni verme obligado a hacer el
juramente de fidelidad a José Napoleón he pasado infinitos trabajos caminando
por ásperas montañas y de noche he sufrido copiosas lluvias, de dos en dos días
mudaba de Pueblo; cerca de dos meses anduve vagante, metiéndome algunas veces
en cavernas de fieras y en casas las mas miserables e infelices para ocultarme
de estos infames bandoleros, he logrado no caer en sus manos y estoy gustoso
con lo pasado. Yo pude haberme libertado de tantos sustos, agitaciones y
sobresaltos como he padecido pero avía determinado no abandonar el Arzobispado
hasta que los Franceses se apoderasen de el y estar yo absolutamente
imposibilitado de animarlo y esforzarlo, lo que no omití en cuanto pude (...)
Me vi precisado a escapar por mar disfrazado de patrón de navío y a embarcarme
en un barco de comercio, el temporal me obligó a entrar en Lisboa y suspender
mi rumbo a Cádiz”