Xosé Comoxo/Xesús Santos
Na posguerra, a mocidade da parroquia rianxeira de Asados tiña, entre outros pasatempos, a práctica do fútbol no seu campo de Santa Lucía, en regulares condicións. Ao equipo denominárono “Rápido de Asados”, aínda que popularmente coñecíanse como “os de Asados”.
Na posguerra, a mocidade da parroquia rianxeira de Asados tiña, entre outros pasatempos, a práctica do fútbol no seu campo de Santa Lucía, en regulares condicións. Ao equipo denominárono “Rápido de Asados”, aínda que popularmente coñecíanse como “os de Asados”.
A finais de 1951, fundan
un conxunto que chamaron Santa Lucía e, meses despois, xa se albiscaban disputando
un partido amigable en Barraña; a dicir das crónicas, “el equipo forastero, de
nueva formación, gustó mucho por su conjunto”. Continuaron preparándose e
xogando contra outros equipos; o disputado contra o Pazos con motivo do
primeiro aniversario dos asadenses, resultoulles favorable, con 4 goles
marcados polo dianteiro centro Pérez.
O equipo fedérase en 1952,
baixo a presidencia do señor Amable Muñiz Tubío. A partir dese intre, o
vicepresidente Esteban Horta encargouse de que todo funcionara á perfección, ao
lado do xogador Evaristo, con quen se desprazaba en bicicleta a diferentes
lugares para contratar encontros amigables. A casa de Esteban era a
“lavandería” da indumentaria, que corría a cargo da súa dona María. De
alimentar aos xogadores de fóra, con bocadillos, encargábase o señor Amable, ou
ben antes ou despois de cada partido, a poder ser antes, para que colleran
forzas. Non se debe esquecer a Manolo “o Paragüero”, sen dúbida un dos que máis
traballou na organización; e ao xastre Ramón Pimentel e súa dona Juanita, que
mantiñan intactas as camisetas.
O ano 1954 foi o máis
interesante do equipo, a pesar da desfeita
final; incluso para os demais conxuntos do municipio (Rianxo e Amanecida),
ao estaren os tres no campionato das Rías Baixas. Os compoñentes do Santa Lucía
mostráronse ilusionados, tanto, que contrataron un adestrador cun amplo
historial, Venancio, que traerá novos e descoñecidos métodos de adestramento.
Con todo, as cousas non discorreron como desexaban todos ao non acompañarlles
os resultados, o que motivou que a afección deixara de asistir ao campo. A
falta de tres encontros para rematar a liga, e cando estaba programado un
partido contra o Barraña, decidiron non presentarse. A triste realidade fora
anunciada días antes na prensa de Santiago: “(...)
de no reaccionar la afición con mayor generosidad y sacrificio, el Santa Lucía
tropezará con serias dificultades económicas para hacer frente a los gastos que
acarrea la competición. No debemos olvidar que los equipos se desplazan por su
cuenta y solo pueden resacirse con los ingresos en el propio campo”.
Ese foi
o motivo polo que a Federación decidiu castigalos severamente. A partir dese
intre a súa clasificación quedou con cero puntos, ao igual que lle aconteceu ao
Amanecida e ao Chispa, da zona Sur. A directiva decidirá, en anos sucesivos, non
participar nas Rías Baixas, tendo que darse de baixa na Federación.
Proseguiron disputando
partidos amigables durante bastantes anos. A propaganda previa aos encontros
veciñais, neste caso Araño-Santa Lucía, deixou na comarca unha frase célebre,
aínda recordada hoxe; dicían: “¡No se juega un partido de fútbol, se juega
el honor entre dos pueblos!”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario