Corrían os anos 50 do
século XIX, cando se asentaba en Vilanova de Arousa Juan Goday y Gual, procedente de Canet de Mar-Barcelona, onde nacera en xaneiro de 1838. Viña para
xunto dos pais, Juan Goday Llauger e María de la Concepción y Gual, xerente da
casa titulada Manuel Goday y Compañía, dedicada á salgadura de sardiñas,
con tres fábricas na ría de Arousa, desde finais do século XVIII, fundadas por
Manuel Goday Roura.
Disolvida esa industria en
1862, o mozo Juan Goday y Gual estableceuse por conta propia á fronte
dunha fábrica na Illa de Arousa. Posteriormente ampliaba a industria con outras
tres fábricas nos puntos de Montalvo (Sanxenxo), Meloxo (Grove) e Rianxo.
Por circunstancias desfavorables, limitou os seus
traballos a só dúas fábricas, cuxos edificios eran da súa propiedade: Rianxo e
Illa de Arousa. Goday foi un dos primeiros en instalar unha fábrica de vapor
para fritir sardiñas. En 1879, trouxo técnicos franceses para poñer en marcha
na Illa de Arousa unha industria de conservas de sardiñas e aceite en lata, ao
estilo Nantes; fábrica que visitou o rei en 1881 (concedéndolle a honra
de nomealo “proveedor de la Real Casa y el uso del escudo de armas reales en
las muestras, facturas y etiquetas”).
Juan Goday y Gual, que
exerceu como deputado provincial dende 1871 ao 1876, casou cunha prima-irmá
chamada Teresa Goday y Gual, para o que necesitou dunha dispensa papal. Morre
en xuño de 1900, quedando a súa dona e o seu fillo Juan Goday Goday, a
cargo das industrias.
Juan Goday Goday, casado
con Matilde Buhigas Abad, de familia de conserveiros (con problemas nos
comezos de xullo de 1936, ao agachar na súa casa a seu sobriño Daniel Buhígas,
xefe rexional da Falanxe), falecía en xullo de 1928.
A fábrica de Rianxo
Descoñecemos a data de comezo da fábrica de Rianxo, situada
no punto coñecido como “Castillo”, a pouca distancia da vila. En 1879, estaba
en funcionamento. En 1883, instalouse nela a maquinaria para fabricar conservas
de sardiña. En 1900, concedéronlle a Medalla de Ouro na Exposición Universal de
París, polas sardiñas en aceite procedentes da fábrica rianxeira.
Nese ano (1900), a produción anual andaba entre 700.000 e un millón
de latas. Incluso exportaba sardiñas salgadas e prensadas a Francia e Italia,
en cantidade de 500 a 750.000 quilos, envasadas en barrís de diferentes tamaños
que contiñan de 200 a 3500 sardiñas. O número de operarios na preparación era
de 30 homes e unhas 80 mulleres. Madrid era un punto de venda importante, especialmente
na tenda de ultramarinos La Francis, establecida na rúa do León, 23. ”Las
marcas de esta fábrica que más aceptación tienen son las bautizadas Bebés,
Columpio, Non plus ultra, que no tienen espinas, y Sardines bretonnes.
La especialidad, sin embargo, es la marca titulada Perla del Harén, que
son sardinas con trufas de un sabor exquisito”.
A fábrica
de Rianxo cerrou en 1917, o que representou un duro
golpe para a economía local. Juan Goday Goday, en 1919, puxo
á venda tanto o edificio (con casa de 7 habitacións) como a finca (de 15
ferrados). Tamén en xuño de 1923. Foi adquirido en abril de 1924 polo doutor Ángel
Baltar, polo prezo de 25000 pesetas, para dedicar, unha parte, a central
eléctrica para alumear o pobo (despois dun acordo coa Sociedad General
Gallega de Energía Eléctrica) e a muíño de graos.
A propiedade foi vendida de novo en 1935, á sociedade Pesquera
del Norte de España, reservándose a familia Baltar durante cinco anos o uso
da parte do edificio onde estaban os motores e o muíño. Durante a guerra civil
o edificio foi confiscado para campo de concentración.
D. Juan Goday Gual vino con sus tios Juan y Mª de la Concepcion.
ResponderEliminarCuando falleció fue su hijo Manuel.
En 1.900 la medalla de oro de Paris fue la fabrica de la Isla de Arosa.
Las fabricas de Xanxenxo y O Grove ya estaban.
Fábrica
ResponderEliminar