viernes, 2 de diciembre de 2011

SANTIAGO, CAMINO Y META

Por Faustino Rey Romero (1954)

De andar y de jornadas nos hablas siempre, siendo
ya ecuestre te finjamos e igual si peregrino,
que ya era asaz cambiante, Santiago, tu escenario
cuando aún no recibieras la invitación de Cristo.

El caminar sin tregua, ¡oh, Apóstol!, se dijera
razón de su existencia o de tu vida el sino,
hasta llegar al colmo tu espíritu andariego,
que, cuando no podías andar ya por ti mismo,
hiciste, navegante, muy largas singladuras,
en barca que empujaron los vientos del prodigio.

Ahora ya eres meta. Todo reposa al cabo.
Y Dios de tu parada nos dio celestes hitos.
Yendo en tu busca andantes por tierra y no (...)
topar con tu presencia, Santiago, es facilísimo,
que, si del mundo todas las vías van a Roma,
a Compostela todas conducen asimismo.

Alúmbrenos tu estrella, que de engañosas luces
andamos deslumbrados y casi enceguecidos,
y ábrenos el sentido de la profunda Suma
que concibió Mateo y perfiló en granito,
por que de tu visita salgamos confortados
los que a tus pies llegamos sedientos y cansados.

viernes, 11 de noviembre de 2011

UNHA PROTESTA

Calquera que lle bote unha ollada á páxina web oficial do Concello de Rianxo (A Coruña), e entre no apartado de Persoeiros, atoparase cunha sorpresa: non aparecen nin o pedagogo-poeta Roxerius (Rogelio Pérez González) nin o crego poeta Faustino Rey Romero.

¿Será tan difícil acadar unhas pequenas notas biográficas dos dous ilustres rianxeiros?

Penso que, ou seu quitan os que alí aparecen, ou se completa dunha vez a lista dos ilustres persoeiros...
Saúdos

jueves, 10 de noviembre de 2011

TARAGOÑA HABILITADA PARA EMBARQUE DE TECIDOS E ARTIGOS PROCEDENTES DE VILAGARCÍA, EN 1927.

Por Xosé Comoxo

Para Xosé R. Brea e Xosé Tubío, taragoñeses de sempre.


En abril de 1927, un grupo de veciños de Taragoña, encabezados polo crego Eusebio Fernández Ameixeiras, diríxense ao Ministerio de Facenda solicitando que a parroquia fora habilitada para o desembarco de pequenas expedicións de xéneros nacionais, froitos coloniais e para o embarque de produtos agrícolas e gando en réxime de tráfico de ría.

A súa petición estaba fundamentada en que sempre se efectuaran esas operacións, ata que o “Resguardo” as prohibira, “por no estar aquel punto habilitado, causando gran perjuicio al comercio y vecinos de aquella aldea con dicha prohibición” porque os transportes por terra eran máis dificultosos e custosos.

Ao respecto, as autoridades provinciais informaron favorablemente, se ben as da Mariña e Obras públicas entenderon que “debiera efectuarse obras de seguridad y la Comandancia de Carabineros pide aumento de fuerza en el puesto de Rianjo”.

Considerando que por atoparse Taragoña a unha hora escasa por mar da praza de Vilagarcía, da que se abastecen, “limitando el tráfico entre ambas a los artículos se causarían grandes perjuicios al comercio y vecinos de aquel poblado”, se fosen obrigados a conducir por terra as pequenas cantidades de artigos estranxeiros e de tecidos que necesitan para o seu abastecemento, por non existir liñas de transportes, entre outras consideracións, o Rei dispón, nunha Real Orden, os seguintes puntos:

“1.-Que aparte de la habilitación que ya disfruta el poblado de Taragoña (Coruña), por los artículos 277 y 278 y apéndice 1º de las Ordenanzas de Aduanas se habilite para el desembarque de tejidos y artículos extranjeros nacionalizados procedentes de Villagarcía de Arosa, los que deberán documentarse con talones de la serie C, número 1.

2.-Estos artículos y los demás sujetos a documentos de circulación, como los alcoholes y azúcares se comprenderán en talones independientes de los de las demás mercancías, debiendo el Jefe de Resguardo devolverlos con el cumplido a la Aduana en el primer correo.

3.-La Aduana de Villagarcía habilitará un talonario para documentar dichas mercancías exclusivamente y se cuidará de que le sean devueltos para unir a las matrices”.

lunes, 7 de noviembre de 2011

CASTELAO NUNHA VELADA REPRESENTADA NO TEATRO PRINCIPAL DE SANTIAGO, EN XUÑO DE 1911

Por Xosé Comoxo

Nos finais de maio de 1911, ían moi adiantados os ensaios dun pequeno “apropósito” titulado “La Virgen de la Roca” (do poeta de Baiona José María Barreiro e música do presbítero Ángel Rodulfo), que ía ser representado no Teatro Principal de Santiago, o 8 de xuño, coa finalidade de recadar fondos para o monumento (ideado por Laureano Salgado) que á referida Virxe se lle ía erixir na vila de Baiona.

O encargado de organizar a velada en Santiago foi Máximo de la Riva.

Chegado o día e durante a representación, actuou un coro formado por máis de vinte rapazas e a orquestra de Capilla da catedral.

Aparte do citado “apropósito” e representación coral, houbo outros programas, entre eles, un bonito e ocorrente diálogo titulado “Un conto”, orixinal de Barreiro, que representaron coa vestimenta clásica de “esterqueiros”, o estudante de dereito Hipólito Reguenga “Tío Pedro” (“cuyo arte puro, elegante, seméjase más el de un cómico avezado a tales lides que el de un buen aficionado”) e Castelao (“todo enxebre, extremó, si esto puede ser, su enxebrismo”), quen, durante o acto, executou diversas caricaturas, sendo moi aplaudido.

A prensa de Compostela recolle así o acontecemento, e as ocorrencias do mozo rianxeiro:

Un paduano a quien no dejan entrar en el teatro. Castelao se caracteriza de gallego y nadie le conoce...
La función de anoche constituyó un acontecimiento para Santiago.
Baste decir que no se habla de otra cosa.
Se comenta un incidente graciosísimo ocurrido a Castelao.
El genial caricaturista tomó parte en un diálogo con Reguenga.
Ambos jóvenes aparecen vestidos de esterqueiros del país.
Castelao se había caracterizado tan bien que nadie le conocía.
Su papel empezaba con una entrada por el patio de butacas.
Algunos chuscos previnieron al acomodador de que un aldeano se había empeñado en entrar hasta las butacas para ver la función y que convenía impedirle el paso.
Un momento después, Castelao entraba en el teatro haciendo un ruido tremendo con sus enormes zuecos.
Y el acomodador le salió al paso, impidiéndole entrar en la sala.
Castelao forcejeaba en vano para desasirse del empleado del teatro.
La escena fue graciosísima y pasará a la historia teatral compostelana.
Cuando entró Castelao en aquella traza entre el público distinguido que ocupaba las butacas nadie sabía quien era.
Ni sus mismos padres, que estaban allí, le conocían.
Castelao puso una manzana sobre el hombro de su asustado progenitor, que miraba con asombro al paduano y le dijo:

-Meu pai; son o seu fillo.

La escena fue saladísima »

As actuacións proseguirán por outras localidades, como Caldas de Reis e Pontevedra, onde unha xunta de damas “se encargarán de todo lo relacionado con el festival”.

domingo, 6 de noviembre de 2011

¿LEVABA RAZÓN O CONCELLO DE RIANXO AO QUERER DERRIBAR O HÓRREO QUE O PAI DE CASTELAO LEVANTARA SEN AUTORIZACIÓN, EN 1919?.

Por Xosé Comoxo

En 1919, pouco despois da terrible gripe de 1918, que causou tantas mortes na vila rianxeira, aconteceu un feito que saltou á prensa madrileña e galega: o Concello de Rianxo tratara de derribar un hórreo que o pai de Castelao edificara, sen permiso, dentro dunha finca da súa propiedade (pero a moi pouca distancia da linde do camiño principal de Fincheira), sen conseguilo grazas ás protestas da veciñanza.

O tema é ese: o pai de Castelao, ao non pedir a correspondente autorización municipal, qué quixo demostrar?; non actuou de forma prepotente?; pensaría que estaba exento desa obriga, cando todo veciño debía cumprir?

Sen dúbida, detrás de todo estaban as inimizades políticas dos dous bandos imperantes.

Os feitos deben ser xulgados por vostedes á vista das versións seguintes:

Visión da alcaldía:

Na sesión ordinaria do Concello de Rianxo de 19 de xuño de 1919, o alcalde Manuel Pérez comunícalle aos rexedores que Mariano Rodríguez Dios (pai de Castelao) tomara a liberdade de construír un hórreo a "orilla de la calle principal de Fincheira" sen ter o oportuno permiso do Consistorio. Por ese motivo tivera que tomar a decisión de suspender a obra "tan luego tuvo conocimiento de ella".

Visto o informe da comisión de obras e da policía urbana, e considerando que Rodríguez Dios non pedira a correspondente autorización, entre outras consideracións (o emprazamento era lugar de tránsito da veciñanza da parroquia de Leiro, coa agravante de que por ese vial estaba proxectado o camiño veciñal "recientemente concursado por este Ayuntamiento con subvención del Estado"; ademais, "esta clase de artefactos situado a la par de los caminos públicos resultan de un pésimo efecto al ornato público", e incluso interrompe a alineación xeral de construción de edificios habitables), os concelleiros acordan por unanimidade que "se proceda a la demolición del repetido granero imponiendo a Don Mariano Rodríguez Dios la multa de quince pesetas". Acordo que lle foi comunicado ao interesado.

Neses intres o Concello apura os trámites, diante do Ministro de Fomento, para que o camiño que vai do Hospital a Quintáns-Isorna (onde está precisamente o hórreo) "se considere incluido en el 3º concurso" verificado o 31 de agosto do ano anterior. A subvención agora corre presa nas dependencias municipais...

O gobernador civil, con fecha 1 de Agosto, confirma "en todas sus partes" o acordo tomado polo Concello no referente ao derribo do hórreo "construido sin autorización" e a multa de 15 pesetas, e autoriza con amplas facultades ao alcalde para ditar as providencias necesarias "hasta llevar a cado dicho derribo".

Visión de Castelao:

Castelao alude no xornal El Sol, que o hórreo estaba situado dentro dunha finca cerrada propiedade da familia (nada di da falta de permiso). Unha vez rematada a construción, despois de dous meses de traballos, o Concello acorda impoñerlle unha multa, e “ordenándole la demolición del hórreo, alegando, entre otras razones sin fundamento legal, que “esta clase de artefactos, situados a la faz (¿par?) de los caminos, resulta de un pésimo gusto al ornato”.

Que o derribo proposto polo Concello fora evitado polo pobo enteiro que se botou á rúa para protestar por tal decisión, “viendo las autoridades que no sería posible realizar el derribo sin que allí ocurriesen desgracias...”

Segundo Castelao: “Es necesario estar desprovisto de toda sensibilidad para planear y ejecutar esta clase de atropellos. Un hórreo, en verdad, nada vale; es una cosa insignificante si se compara con la vida de un hombre. Pero el hecho de que el ciudadano no pueda vivir amparado por las leyes es de una importancia enorme”.





domingo, 23 de octubre de 2011

FAUSTINO REY ROMERO: ¡SPES NOSTRA, SALVE!

Por Xosé Comoxo

Cando Faustino escribe esta poesía (¡SPES NOSTRA, SALVE!) , contaba con 19 anos, e dende a súa parroquia de Isorna-Rianxo, comezaba a enviar pequenos traballos á prensa de Compostela; por exemplo "Con flores a María" (ademais da poesía). Nesas datas lía aos máis insignes mestres da fala; por exemplo ao ilustre José Lesta Meis, e a súa obra "Manecho o da rúa". Son intres nos que se preguntaba "¿Por qué yo, como el héroe de la novela, no correspondía a mi vocación literaria? ¿para qué leí lo más granado de nuestra literatura castellana y gallega?, chegando á conclusión de que lendo aos mestres ía sacar en limpo, "amén de otros provechos, el de una esmerada y primorosa formación literaria". No medio desas cavilacións, intentará buscar un tema para acometelo, "pluma en ristre". É aquí a orixe da súa primeira publicación en prosa, "puesto que en verso ya publiqué otra de reducidas dimensiones, titulada "Un día de Difuntos":

"María, madre mía: Yo te pido que protejas a España y a toda la humanidad y a mí me lleves de la mano en mi peregrinación por este valle de lágrimas.
Te hago asimismo ofrenda de mi pluma al consagrarte mi primera publicación, y hoy, oh madre mía, que antes de que escriba una sola línea contra la religión católica, apostólica y romana, a la que me honro en pertenecer, que se seque mi brazo derecho y el cerebro que diete tamaños dislates”


¡SPES NOSTRA, SALVE!

Dalle, ouh Deus, a iste meu inteleuto
un chisquiño da túa sabencia;
fai que a musa se mostre ispirada
pra gabanza da túa Nai Tenra.
N'os meus beizos ponme
dolcísemas pregas,
para que a cotío,
dend'e eiquí d'a terra
ll'as mande aló ó Ceo
onde a muller bélida
compracida m'escoita y'en troques
un asento n'a Groria me dea.
Os que camiñanos
envoltos n'a brétema
de mouras tristuras,
de coitas e penas,
coal potente faro,
Virxen, alumea.
Á veira d'o leito
n'a hora derradeira,
garimosa dirásll'o doente
qu'a dór amarguea,
en eterna dita,
en ventura eterna,
n'o Ceu trocarase
onde se acha inteira,
pois eiquí sempre está misturada
de bágoas, de penas...
...

Spes Nostra, Salve!
Salva ós fillos d'Eva!

Faustino Rey Romero, 1940

martes, 11 de octubre de 2011

AS ESCULTURAS DE NUCO SAEN DE RIANXIÑO

Xosé Comoxo

Efectivamente, algunhas esculturas do rianxeiro NUCO, que el conserva no seu Museo de Rianxiño, van ser levadas ao Porto do Son, para ser expostas ao público na Casa de Cultura daquela entrañable vila mariñeira, desde o venres, 14 de outubro, a partir das 20,30 horas.

Alí nos encontraremos algúns amigos rianxeiros, e foráneos, para acompañar a NUCO nesta súa inauguración, e, como ben di o autor, serán bos momentos para conversar. Sen dúbida, todo “ten boa pinta”. Nesta ocasión e por motivos de transporte e escaseza de tarimas, NUCO exporá figuras máis ben miúdas, da súa última produción.

Está contento de que a mostra caia no outono, e recoméndame que, no caso de facer algún día unha exposición de pintura, o faga tamén neste tempo. Curiosamente, Nuco está a pensar en que así os rapaces das escolas, e como non o mundo da cultura, están máis activos e posiblemente terán máis ocasións para acercarse ata a Casa de Cultura de Porto do Son; "para os veraneantes, o verán é para ir á praia, e non se pode pensar nelas á hora de preparar unha mostra artística". Como se ve, NUCO está máis preocupado polas visitas dos rapaces, que nas posibles vendas... Sen dúbida, na xuventude está o futuro, e non só o da escultura, tamén o da pintura, e así o recoñece o amigo escultor.

Saúdos e sorte.

domingo, 25 de septiembre de 2011

PANCHO MARTÍNEZ: mensaxeiro no alén




Por José Manuel Romero Iglesias
(Do libro-revista da GUADALUPE-2011)






Na noite silandeira entre as amigas bamboliñas
sen público, sen adeuses, sen ningunha despedida,
baixa suave, coma o suave voar das anduriñas
o desourentado pano do teatro da vida,
o destino incongruente atenázalle o corazón
e Pancho atravesa o umbral ata outra amañecida,
mais de súpeto soan aplausos e levántase o telón.

O elenco imaxinario que Pancho reverdeceu
aplaude posto en pé, o seu novo Director,
son personaxes universais, pro rianxeiros de seu,
O Garreante, Ramonciño, Sabela e o bailador,
Sinforosa, Don Miguel, Matapitos e Pimpinela,
pervivirán cos Rianxeiros, con Don Saturio e tamén Lela,
mentres bulan no maxín dun Barbeiro Soñador.

Pancho sube as táboas e fai outra vez de actor,
como fixo en Almagro, en Lisboa, no Romea ou no Español,
Familia, veciños, compañeiros, eu sigo co mesmo ardor
que puxen escribindo no meu exiguo cartafol,
levando con orgullo ser galego e rianxeiro
agora en singraduras ata mais alén do sol
pero este xoves (de Guadalupe) vereivos no Feirón Mariñeiro.



lunes, 12 de septiembre de 2011

Pandereteiras do grupo " Vai de Roda " .

A VIRXE DE GUADALUPE RIANXEIRA

Xosé Comoxo, desde Rianxo


NESTES DÍAS CHUVIOSOS DA GUADALUPE, QUEREMOS SAUDAR AOS RIANXEIROS TODOS, ESTÉN ONDE ESTÉN, E DESEXARLLES O MELLOR. BOAS FESTAS


O CREGO DON VALENTÍN LOSADA VÁZQUEZ: BREVES NOTAS BIOGRÁFICAS

Por Xosé Comoxo

Valentín Losada, fillo de José Losada Caamaño (falecido en 1910) e Manuela Vázquez (de Araújo) Seco, é bautizado en Rianxo o 6 de decembro de 1874; exercen de padriños Gregorio Sánchez Triñanes (natural de Boiro) e a súa dona María Vázquez Seco (casados en setembro de 1871), tíos do rapaz e pais de Purificación Sánchez (quen casou con Ramón Pérez, en novembro de 1898, e foron pais do poeta do mar Manuel Antonio).
O neno, despois de asistir á escola da vila, ingresa no Seminario Conciliar de Compostela, onde remata a carreira de Teoloxía, en 1898. Máis tarde, obterá o título de doutor en Dereito Canónico.
Unha vez ordenado sacerdote, é destinado a Pontevedra para facerse cargo das cátedras de Relixión e Historia Sagrada, no Instituto e Escola Normal. Exerce de coadxutor na parroquia de San Bartolomeu, da mesma capital. Posteriormente, en 1903, e mediante concurso para prover curatos vacantes na Arquidiocese, obtén a parroquia de Cangas.
Desde mediados de xaneiro de 1905, está de “coadjutor in capite”, na vila canguesa, quedando de ecónomo ao morrer o crego José Martínez. En decembro do mesmo ano, a corporación municipal de Cangas solicita do Cardeal de Santiago, Martín de Herrera, que Valentín fose nomeado párroco en propiedade, ao que accedeu despois do concurso de curatos de 1910.
En 1911, predica en Rianxo, durante a misa maior da Virxe de Guadalupe. En agosto de 1912, tamén está predicando na misa da Virxe da Peregrina, en Pontevedra.
De vez en cando, recibe a visita do fillo de súa prima Purificación Sánchez, Manuel Antonio (futuro poeta), e pasa con el algúns días con vistas de cursar a carreira de crego, o que non era do agrado do rapaz, segundo lle indica por carta a súa nai: “Querida mamá: Yo me encuentro aquí en Cangas desde el 7 de octubre, pero me marcho a Padrón para Santa Cecilia, porque no quiero ser cura. Recuerdos de todos...”.
Nos comezos de xaneiro de 1926, o crego pasou por unha grave enfermidade, da que saíu ben.
No concurso de 1929, despois de acadar a nota suprema, é designado para rexentar as parroquias de Santa Susana e San Frutuosa, en Santiago, onde toma posesión o 23 de outubro de 1930. “Nuestro querido amigo el nuevo párroco de San Fructuoso y Santa Susana, don Valentín Losada nos comunica haberse posesionado del cargo” (El Compostelano, 24-12-1930). Nesas datas é cando o Concello de Cangas o nomea Fillo Adoptivo.

“Esta mañana se celebró fiesta religiosa en la iglesia de San Fructuoso; la Misa cantada estuvo a cargo del nuevo párroco don Valentín Losada Vázquez” (El Compostelano, 16-12-1930)

En xaneiro de 1931, os fregueses de Cangas, como mostra de cariño ao que fora seu crego durante 26 anos, agora en Santa Susana, despois dunha subscrición popular ofrécenlle un cáliz, construído pola ourivaría de Augusto Otero, con expresiva dedicatoria e os escudos da vila e parroquia incrustados nel: “Será entregado ese día (14 de febrero) por ser en el que celebra su fiesta onomástica el homenajeado”.
Asiste á misa solemne da Virxe de Guadalupe de 1931, na que predicará.
En setembro de 1933, predica na misa da Virxe dos Dolores, na parroquia de Sorribas-Rois. En decembro, preside, en representación do Clero, o enterro de Rodríguez Cadarso.
Comezada a guerra civil, mostrará unha inusitada devoción polos de Franco. Estando en Rianxo, asiste a diversas celebracións por algunha toma dunha capital; tamén se ve nas arengas que daban os falanxistas desde o balcón do Concello, onde chegou a exclamar, moi alegremente ¡Viva la muerte! (quizais copiando a Millán Astray). En outubro de 1936, participa nunha doazón, con 10 pesetas, para as Milicias de Falanxe, de Rianxo; e con 100 pesetas, para as forzas armadas de Franco (Faro de Vigo, 9-9-1936). En marzo de 1937, dá un donativo, de 10 pesetas, para os heroicos soldados que loitaban en Asturias...
Como elocuente orador que era, e atendendo aos desexos dos seus antigos fregueses, acode a Cangas para predicar na solemnidade da Inmaculada e na de Santa Lucía. Alí sorpréndeo a morte, o 19 de decembro de 1937, aos 63 anos.
Nas súas parroquias de Santa Susana e San Fructuoso, de Santiago, a noticia causou unha gran tristeza “puesto que todos los fieles tenían un aprecio grande al buen párroco, por su labor al frente de las mismas, en las que propagó e intensificó el culto a la Stma Virgen del Pilar en su capilla de Santa Susana, y demostró gran interés por las asociaciones religiosas”.
Contaba con infinidade de simpatías e afecto “pues su carácter afabilísimo rebosante de bondad lo ha puesto de manifiesto en todo momento, lo mismo que sus grandes sentimientos de conmiseración hacia el prójimo desvalido”.
Foi enterrado ao lado de súa nai, no cemiterio de Cangas.
O concello daquela vila faise cargo dos gastos causados pola súa enfermidade e enterro. “El cadáver estuvo expuesto en casa del Sr. Boullosa, gran amigo del extinto, y fue visitado por los vecinos de esa villa y sus contornos que rezaban ante él el Santo Rosario”. O paso do cadáver polas rúas, camiño do cemiterio, resultou unha verdadeira manifestación de sentimento, que o pobo en masa despedía coa frase de “padre de los pobres”.
Ao enterro asistiron diversas asociacións relixiosas da parroquia, figurando as bandeiras da Asociación Nocturna e da Juventud de Acción Católica masculina, así como a Sección Feminina, de Santa Susana. Estiveron presentes o crego rianxeiro don José Benito Fariño, e o de Asados, don Plácido Silva; tamén o sochantre de Iria e seu parente, don José Sánchez Vázquez; así como Antonio Losada Rodríguez, José Martínez, e bastantes amigos máis.

“El párroco de Santa Susana habíase captado en nuestra ciudad (Santiago) enormes simpatías y grande copia de admiraciones por lo cristiano de su gestión y sus dotes de organizador de juventudes católicas, catequísticas, de acción social, etc y por sus dotes de orador y de publicista” (El Pueblo Gallego, 21-12-1937)

Un ano despois, a corporación de Cangas, dedícalle o seu nome á rúa onde falecera, e réndelle unha homenaxe póstuma, á que asiste o pobo en xeral, diversas xerarquías falanxistas, e, en representación da familia, o sochantre de Iria don José Sánchez:

“Sobre la tumba del llorado párroco se depositarán flores por los niños de las escuelas, de la Catequesis, que fundo hace años el finado, Asociaciones religiosas y pueblo en general, pues todos sus feligreses se disponen a dedicarle una flor, en prueba de admiración y cariño a su infatigable labor religiosa y social, cuyo recuerdo perdurará siempre entre los cangueses”

viernes, 1 de abril de 2011

HOMENAXE A FAUSTINO REY ROMERO



Acabamos de recibir unha agradable sorpresa: A concellería de cultura, educación e participación veciñal, do Consistorio de TOMIÑO, organiza unhas conferencias e unha exposición fotográfica sobre Faustino Rey Romero, para o vindeiro 17 de abril. As conferencias estarán a cargo do rianxeiro, Xosé Ricardo Losada, estudoso do “poeta dos melros”. Terán lugar na casa dos mestres en Amorín para as 11.00 horas e na casa veciñal de Currás para as 19.30h.
Parabéns a todos.

lunes, 28 de marzo de 2011

MANUEL ANTONIO, O POETA DO MAR, XA TEN MUSEO EN RIANXO

Por Comoxo

Este domingo, 27 de marzo, a prensa fíxose eco dunha noticia que debe alegrar a todos, especialmente aos rianxeiros: a inauguración da casa museo do poeta Manuel Antonio.
Neste intre, debemos agradecerlle a Pedro Piñeiro que fixera realidade o que tanto se anhelaba no pobo; tamén a Carmucha Domínguez Pérez, por non poñer ningún tipo de impedimento para que a casa albergara o legado do seu parente, que ela mesma axudou a incrementar coas súas doazóns.  
Quixera recordar agora, o acontecido en abril de 1956, cando Manuel Antonio era descoñecido para unha gran maioría, menos para un grupiño de amigos (Borobó, Rogelio Pérez, García Sabell, Máximo Sar...). Eles foron os que se achegaron a unha casiña, situada no Campo da vila, hoxe aínda en pe, que habitara o poeta e súa nai, dona Pura Sánchez, para tentar coller o seu legado e salvalo da “queima”. E lográrono, sen dúbida. 
Nada máis entrar, atoparon diversos manuscritos “especialmente cartas, de las que guardaba celosamente el borrador. Los hallazgos se suceden sin interrupción: textos literarios inéditos; otros que prueban la paternidad de escritos aparecidos en la prensa sin firma alguna; libros dedicados a Manuel Antonio, con cuyos autores sostuvo en vida estrecho contacto. Hallamos también objetos de uso personal de patético valor: varias pipas; la maquinilla de afeitar con su provisión de cuchillas, ahora arcaicas; cuchillos marineros y... ¡aún algunas de las medicinas con las que inútilmente de intentó atajar su mal!”
Segundo Máximo Sar, “Manuel Antonio tenía pasión de coleccionista. Coleccionaba sellos y, en su época juvenil, reunía cromos y tapas de cajas de fósforos que, dicho sea de paso, eran de mejor gusto que las que circulan hoy en día. Realmente hay que agradecer a la madre del poeta la cuidadosa conservación de todos estos objetos que de tanta utilidad serán al Dr. García Sabell para la reconstrucción del cuadro psicológico”.
De Rianxo foron á casa de dona Pura Sánchez, neses intres algo enferma, que posuía na Trabanca de Abaixo-Padrón. Alí atoparon “entre otras muchas cosas nada menos que una libreta de poemas inéditos”.
Á noitiña iniciaron o regreso, “no sin antes haber calculado Borobó la indecible sorpresa de los futuros investigadores del poeta de Rianxo, el día que comprueben haber alcanzado un terreno en el que las posibilidades de exploración fueron totalmente agotadas. Ahora tiene la palabra García Sabell

(Tras las huellas de Manuel Antonio. Por Máximo Sar. La Noche, 21-4-1956).



viernes, 7 de enero de 2011

NESTE 7 DE XANEIRO, O NOSO RECORDO ESTÁ CON CASTELAO

Comoxo

"A longura das súas magoantes horas tivo fin. Ollámolo saír da camilla coa testa vendada, cos ollos pechados e a face serea. Parecía estar a durmir tranquilo. Á súa beira, co corazón tronzado, corredor adiante, baixaba no ascensor dende o 4º ao 2º piso, e novamente corredor adiante hastra a súa habitación n. 203... Alí Virxinia, ¡esposa e "mater doorosa"!...
(...) Os días 5 e 6, inda que sin recobrar o conocimento, presentaba un estado xeral que era o normal e lóxico nunha operación desa cras, e cabía a reacción pronosticada. Mais, o día 7 pola mañán, xa os médicos deron craras mostras de inquedanza, e no enfermo notábanse alarmantes siños de fadiga..."
(...) Deseguida voltou a agravárese e comezou a súa agunía. Minutos denantes das once da noite cravouse fondamente, nos que estabamos presentes, o seu derradeiro salaio ¡Castelao fórasenos pra entrar na inmortalidade!"
(xaneiro, 1950)

martes, 4 de enero de 2011

RICARD BOADELLA UN VIOLONCHELISTA CATALÁN NO CAMPO DE CONCENTRACIÓN DE RIANXO

Xosé Comoxo

Ricard Boadella, nace en Barcelona en 1912, onde se formou musicalmente. Foi discípulo de Enric Morera na Escola Municipal de Música (Conservatorio Superior) nas clases preparatorias de composición, pero desde moi mozo sentiu predilección polo violonchelo, co que non tardou en distinguirse, guiado por Gaspar Cassadó, de quen foi discípulo predilecto. Simultaneamente ampliou os seus estudos en Alemania, na Hochschule de Berlín, cidade na que debutou aos 18 anos, iniciando así unha carreira chea de bos augurios que se confirmaron, aínda que despois e durante unha boa parte da súa vida tivo que loitar para destacar entre os concertistas da súa xeración.

Sus armas eran una dicción de gran densidad romántica y un sonido siempre impregnado de “charme” y de expresividad lírica, sin dejar nunca que el violonchelo perdiera su característico acento robusto y enérgico

Durante a guerra civil foi apresado polas forzas militares de Franco e trasladado ao campo de concentración de Rianxo (A Coruña), creado en novembro de 1937, onde deu mostras da súa habilidade co violonchelo. Foron infinitas as súas actuacións (ás veces formando dúo, co virtuoso tenor don José Sánchez, crego de Santa María de Iria, ou trío co organista José Pérez) tanto no citado campo como na igrexa parroquial de Santa Columba.
Rematada a contenda, regresou á súa Barcelona natal. Nos infelices 40 foille confiado polo pai Antonio Massana o estreo do seu Concerto que a Orquestra Municipal incluíu nos seus programas dirixidos por Toldrá. A obra obtivo unha acollida adversa, pero todos recoñeceron en Boadella un solista de extraordinario mérito dadas as dificultades da partitura.
Chegou a levar a dirección artística dos ciclos de concertos “Tardes Musicales” que organiza María Solanich, primeiro no Palau e despois na sala do Colexio de Avogados. Esta xenerosa aventura a favor do fomento da música de cámara prolongouse ao longo de 25 anos e foi unha obra de verdadeiro mecenado sostida “contra viento y marea” ata 1973.
Nese tempo Boadella saía ao estranxeiro a celebrar concertos (Italia, Francia, Grecua, Hungría...), incluso ao Japón, India e Filipinas.
No verán de 1975 estivo en Santander, onde actuou como secretario do Concurso Internacional de Piano alí convocado. Naquela cidade sufriu unha grave caída fortuíta da que se recuperou en parte, pero foi o comezo dunha doenza que se lle complicou irreversiblemente ata producirlle a morte en outubro de 1977.