lunes, 28 de enero de 2013

O POLÉMICO HÓRREO DO PAI DE CASTELAO (II)


Por Xosé Comoxo

Os acontecementos

            Cando os traballos para levantar un hórreo en Fincheira estaban a piques de rematar, despois de dous meses, o Consistorio pídelle o permiso correspondente ao propietario, Mariano Rodríguez Dios, pai de Castelao. Ao non recibilo, paralizan a obra. O tema é tratado na sesión ordinaria do 19 de xuño de 1919, e, despois de que o alcalde puxera ao tanto aos concelleiros sobre a liberdade que se tomara o refrido Mariano Rodríguez de construír un hórreo “a orilla de la calle principal de Fincheira sin haber obtenido el oportuno permiso del Ayuntamiento”. Ao respecto, os rexedores dispoñen o seguinte:
Considerando que o interesado “se ha permitido construir el expresado granero sin previa licencia del Ayuntamiento”; que o seu emprazamento “se halla a orilla de la calle principal de Fincheira continuación de la del Hospital por las cuales tiene su tránsito general el vecindario de la parroquia de Leiro y por cuya vía está proyectado el camino vecinal recientemente concursado por este Ayuntamiento con subvención del Estado, cuya proposición fue aceptada”; e que “esta clase de artefactos situados a la par de los caminos públicos resultan de un pésimo efecto al ornato público, además interrumpe la alineación general de construcción de edificios habitables”. Acordan “que se proceda a la demolición del repetido granero, imponiendo a Don Mariano Rodríguez Dios la multa de quince pesetas y facultando al alcalde para dictar las providencias que estime oportunas hasta la ejecución de este acuerdo, el cual será notificado al interesado”.
O 7 de agosto, os concelleiros danse por informados do comunicado do gobernador civil, asinado o día 1, no que confirma “en todas sus partes, después de oído el informe de la Excma. Comisión Provincial, el acuerdo adoptado por el Ayuntamiento en sesión de 19 de junio último referente al derribo de un granero construido sin autorización por Don Mariano Rodríguez Dios y la multa de quince pesetas que le ha sido impuesta”. En consecuencia, e de acordo co artigo 195 da Lei Municipal, dispón o seu derribo, concedendo amplas facultades ao alcalde para ditar as providencias necesarias e facer uso da súa autoridade “en representación del Ayuntamiento hasta llevar a cabo dicho derribo y hacer efectiva la corrección impuesta”.
            Chegado o intre da súa demolición, unha parella da Garda civil, o alcalde de Barrio e uns canteiros de Asados emprenden o camiño cara ao lugar para intentar botalo a baixo, atopando a inmediata oposición do propietario. Ao mesmo tempo, e ante o acontecemento, unha parte do pobo foise xuntando nas inmediacións coas intencións claras de interferir nos traballos de derribo (sen dúbida porque non esqueceran a axuda prestada por parte de Castelao, médico de profesión, durante a gripe pasada). Lográrono a base de berros e algunha que outra pedrada “escapada de manos de alguno que ya hervía por entrar en baile”. O espectáculo foi cualificado de “cómico lírico y algo espeluznante, con vistas a lo trágico que pudo traer un resultado muy serio y un día de luto para Rianjo”. Sen dúbida, como explicaremos, o papel do cirurxián Don Ángel Baltar contribuíu a que os acontecementos non revestiran máis gravidade.
            Para o correspondente do xornal Galicia Nueva, o pai de Castelao debía saber, “porque ya fue alcalde, que no se puede obrar con vistas a la calle sin permiso y la alcaldía debe saber también que ella no es nadie para entrar en casa ajena contra la voluntad del dueño”. O principio de autoridade non fora respectado, e o hórreo “debe venir al suelo aunque después vuelva a levantarse en el mismo sitio”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario