viernes, 7 de enero de 2011

NESTE 7 DE XANEIRO, O NOSO RECORDO ESTÁ CON CASTELAO

Comoxo

"A longura das súas magoantes horas tivo fin. Ollámolo saír da camilla coa testa vendada, cos ollos pechados e a face serea. Parecía estar a durmir tranquilo. Á súa beira, co corazón tronzado, corredor adiante, baixaba no ascensor dende o 4º ao 2º piso, e novamente corredor adiante hastra a súa habitación n. 203... Alí Virxinia, ¡esposa e "mater doorosa"!...
(...) Os días 5 e 6, inda que sin recobrar o conocimento, presentaba un estado xeral que era o normal e lóxico nunha operación desa cras, e cabía a reacción pronosticada. Mais, o día 7 pola mañán, xa os médicos deron craras mostras de inquedanza, e no enfermo notábanse alarmantes siños de fadiga..."
(...) Deseguida voltou a agravárese e comezou a súa agunía. Minutos denantes das once da noite cravouse fondamente, nos que estabamos presentes, o seu derradeiro salaio ¡Castelao fórasenos pra entrar na inmortalidade!"
(xaneiro, 1950)

1 comentario:

  1. Grazas Comoxo, por poñer isto. El foise pero deixounos o seu pensamento, e iso endexamais morrerá.
    Xa me gustaria poder poñer isto no facebook para ledicia de moitos seguidores deste Rianxeiro Universal que nos fixo sentir persoas dignas e máis libres. Noraboa

    nuco.

    ResponderEliminar