lunes, 20 de diciembre de 2010

ARCOS MOLDES BEN MERECE UN MONUMENTO EN RIANXO

Xosé Comoxo

No mes de decembro de 1944, fai agora 66 anos, morría na rúa do Hospital de Rianxo, un home bo e xeneroso, toda unha institución no mundo da cultura rianxeira; trátase de Don José Arcos Moldes.
Nacera en Santa María de Curro, e de rapaz asentárase cos pais en Rianxo para facerse cargo dunha herdanza que lles deixara un parente crego. Despois de pasar polo Seminario de Compostela, marchou a Barcelona para ampliar os seus estudos mercantís, regresando en 1891. A partir dese ano, comeza o seu labor educativo na vila, que non abandonará ata a súa vellez.
Ese labor abarcou un sen fin de campos. Fundou diversas rondallas e comparsas, coa finalidade de que a xuventude mariñeira non fora tanto ás tabernas e se interesara pola cultura. Foi un grande impulsor do xornalismo local, e logrou sacar á rúa un feixe de xornais: “El Censor”, “La Defensa”, “El Barbero municipal” (este coa axuda da conservadora “Casa Mariano”, que loitaba politicamente contra os liberais da “Casa Varela”) e “La Justicia”. Chegou a crear diversas sociedades culturais, a primeira delas de nome “Bretón”.
Sen dúbida, o seu quefacer máis meritorio foi o de ensinar, de maneira gratuíta, a diversas xeracións de rianxeiros, especialmente aos adultos. Mostrouse fachendoso diso e da “abundante colleita acadada”, se ben, de todo saíu moi mal parado economicamente.
Participou nas liortas mariñeiras de comezos do século XX, contra as artes de pesca foráneas. Redactou varios regulamentos de sociedades mariñeiras e piñeiras.
Como resultado de todo, especialmente polo seu desinterese monetario, na súa vellez pasou unha grande penuria. Os rianxeiros déronse conta de todo, pero as calamidades da posguerra castigaron a case todos por igual.

Foi tanto o ben cultural realizado en Rianxo, que aínda hoxe, despois de tantos anos do seu falecemento, a súa personalidade é recordada con agarimo por parte de todos, moi especialmente pola xente de certa idade. Este home ben merece un monumento na vila.

viernes, 17 de diciembre de 2010

ANTONIO VALLADARES DE SOTOMAYOR: un poeta, xornalista e autor dramático rianxeiro do século XVIII

Xosé Comoxo

De cando en vez, os que andamos a remexer nos vellos papeis, atopámonos inesperadamente con algúns textos que nos enchen de alegría. Soen ser notas que nos amplían o coñecemento respecto de algo no que estamos interesados, referido sempre a Rianxo e aos rianxeiros.
Iso mesmo tamén acontece en Internet. A sorpresa foi grande ao descubrir que Rianxo contaba cun novo fillo ilustre no campo das letras. Trátase de Antonio Valladares de Sotomayor, nacido o 30 de xullo de 1737, posiblemente fillo do escribán Diego José Valladares. Aos 23 anos desprázase a Madrid, onde morre en 1820.
Foi poeta, xornalista e autor dramático do século XVIII.
Grazas ao investigador Jerónimo Herrera Navarro sóubose das orixes rianxeiras do poeta. Tamén el estudou a súa biografía despois dunha longa e exhaustiva investigación (Cuadernos para investigación de la literatura hispánica).
Membro da Sociedade Económica de Amigos do País de Osuna desde 1785. Como xornalista editou os 34 volumes do Semanario Erudito que comprende varias obras inéditas, críticas, morais, instrutivas, políticas, históricas, satíricas e xocosas dos mellores autores antigos e modernos (1787-1791), que foi continuado en 1816 no Nuevo Semanario Erudito. Comezou a escribir teatro para ganarse a vida en colaboración con José Ibáñez e José López de Sedano a finais da década dos setenta, e acada os seus primeiros éxitos no teatro nos oitenta, ata alcanzar máis dun cento de pezas dramáticas, incluídas traducións e refundicións. Asinou as súas obras con todo tipo de pseudónimos e anagramas. Entre 1797 e 1807 imprimiu os nove tomos dunha novela que alcanzou grande éxito, La Leandra. Neste xénero tamén se lle deben unhas Tertulias de invierno en Chinchón (1815-20). En 1804 consegue imprimir o Almacén de frutos literarios inéditos, prohibido por Godoy nada más saír. Foi un dos grandes escritores ilustrados.
As súas obras dramáticas que tiveron unha grande aceptación popular, pese aos dicterios que contra elas lanzaron os menos exitosos e elitistas dramaturgos e comediógrafos neoclásicos, en particular Juan Pablo Forner e Leandro Fernández de Moratín, que vían nel ao máis representativo autor da chamada escola de Luciano Francisco Comella. Os primeiros románticos tiveron sen embargo del unha idea moi diferente e, por exemplo, Ramón Mesonero Romanos chamouno “hombre de bastante erudición y buen gusto”. En efecto, difundiu a ideoloxía da Ilustración e a estética neoclásica entre o pobo. Outras obras súas son: Vida interior de Felipe II, 1788; Historia de la isla de Puerto Rico, 1788; os catro tomos de Tertulias de invierno en Chinchón (1815-20) e La verdad como es en sí, o razones que convencen de la falsa y equívoca expresión que asienta que “peca mortalmente el que hace comedias o concurre a ellas”, (impreso en Madrid e reimpreso en Orihuela en 1815), folleto que foi denunciado á Inquisición e procesado, pero non prohibido.
Entre los xéneros que cultivou no seu teatro está a comedia heroica (Defensa de La Coruña por la heroica María Pita, 1784); a comedia de maxia con El mágico del Mogol (representada en 1782); a comedia sentimental, chamada polos franceses “comedie larmoyante”, con pezas como La Cándida (estreada en 1781). Obtivo no pouco éxito como sainetista con pezas como El español afrancesado, de 1777; Los caldereros, de 1780; Boda a la moda (1782); Cómicos de repente (1782) e El tonto alcalde discreto, (1820), entre outros numerosos títulos.
Traduciu obras de Gresset, Mercier Fenouillot de Falbaire e, sobre todo, Goldoni. Versionou tamén El delincuente honrado de Gaspar Melchor de Jovellanos.

domingo, 12 de diciembre de 2010

EDUARDO DIESTE GONZÁLEZ

X.Comoxo

Nace o 14 de novembro de 1881 en Rocha-Uruguai, fillo de Eladio Dieste e Olegaria González. En 1888 a familia trasládase a Pontevedra, onde residen durante seis anos, ata que marchan a Rianxo (Coruña) en 1894. Entre 1893 e 1901, cursa estudos no Seminario Conciliar de Santiago. En 1904 abandona o seminario para ingresar na facultade de Filosofía e Letras.
En 1910, o Concello de Rianxo, facendo caso omiso da súa nacionalidade, coa explicación que veremos, en sesión celebrada o 11 de agosto, acorda declaralo "soldado" e incluílo no recrutamento dese ano.
Eduardo entendeu que o seu alistamento fora debido a "enemistades políticas con su familia". Eran momentos de loitas políticas moi duras entre o bando conservador, ao cal pertencía a familia Dieste, e os liberais que dominaban o Consistorio rianxeiro. O propio Eduardo fundou, xunto con Castelao, Arcos, Rañó e Rey Baltar o periódico El Barbero Municipal (1910-1914), do que era director literario, para defender os intereses conservadores locais, oposto ao cacique liberal Manuel Viturro Posse.
Nesas datas, segundo o Concello, Eduardo adquire a nacionalidade española por residir en Rianxo cos seus pais "pasa de 15 años, haciéndose inscribir en el Padrón de vecindad de los años 1895, 1899 y 1905 (...); acreditándo hallarse inscrito en las listas electorales desde el año 1909 (...); haber disfrutado desde el 2º semestre de 1905 al 1º de 1908 la pensión de 1500 pesetas a razón de 250 cada semestre, concedida por la Excma. Diputación Provincial para cursar sus estudios en la Escuela de Veterinaria de Santiago, gracia que solo se otorga a los vecinos de la provincia e hijos de vecinos y domiciliados como españoles").
En 1911 regresa a Uruguai e será animador do grupo poético Asociación Teseo (un movemento intelectual que nace no café Tupí Nambá).
En 1927, comeza a súa carreira diplomática, como cónsul do Uruguai en Londres. En 1931 é destinado a España desempeñando o mesmo cargo en Bilbao, Cádiz e Madrid (nesa capital funda a revista P.A.N., e publica a súa obra Buscón Poeta y su Teatro, e posteriormente Teseo).
A comezos da guerra civil dimite do seu cargo de diplomático, tras a ruptura, por decisión do goberno uruguaio, das relacións diplomáticas entre Uruguai e España. Retorna á súa actividade consular en San Francisco (1943-1952), e posteriormente en Nova York (1952-1953) e Chile (1953-1954).
Eduardo morre en Chile, o 2 de setembro de 1954.

Publicara: “Leyendas de la música” (Madrid, 1911), “Buscón poeta y su teatro” (Madrid, 1933), “Buscón poeta. Recorrido espiritual y novelesco del mundo” (Emecé editores, 1942) e “Teatro del Buscón” (Bos Aires, 1947). Outras obras súas son: “Teseo: discusión estética y ejemplo” (Montevideo, 1923), “Teseo: crítica de arte” (1925), “Teseo: crítica literaria” (Montevideo, 1930), etc.

lunes, 22 de noviembre de 2010

RAMON RODRÍGUEZ VARELA "CURUXÁS": Asalto ás minas de San Finx-Lousame

Por X. Comoxo

Ramón Rodríguez Varela, coñecido como "Curuxás", traballou de mineiro en San Finx (Vilacova-Lousame), onde se afiliou ao sindicato CNT de Lousame. Ao producirse a guerra civil e despois dos acontecementos vividos na zona, viuse na necesidade de fuxir, como a maioría dos compañeiros, ao monte.
O 14 de abril de 1937, sobre as tres menos cuarto, asaltou as oficinas da empresa mineira. O relato do acontecido atopámolo nos documentos do proceso militar seguido contra el, que para no arquivo Rexional Militar do Noroeste-Ferrol
Aconteceu da seguinte maneira.
Mentres o esperaban dous ou tres compañeiros no alto do monte, "Curuxás" entra só e con bastante tranquilidade nas dependencias da mina, incluso falou un momento cos obreiros que ían cobrar o xornal "diciéndoles que se marchasen, como así lo hicieron".

"Encañonando con una pistola al cajero Don Pedro Martín Peaux y empleado Antonio Real Gay, obligó a abrir la caja de caudales al primero y a extraer la cantidad de 7.163,96 céntimos y ciento cincuenta balas de rifle, que en ella se guardaba, al segundo, de lo que se apropió, huyendo seguidamente".

Despois do roubo, ao marchar, deu un grito de "viva el comunismo libertario y otro de viva la República, marchándose hacia el monte sin que nadie le estorbase por no tener armas", segundo relatou o electricista José Servia Villaverde, onde estaban "tres sujetos que iban hacia unas peñas en la que había una bandera de pequeño tamaño".
Antonio Real, de 25 anos, garda da mina, declara que estando na oficina en compañía do caixeiro Pedro Martín a "repartir por la ventanilla la liquidación de jornales de los obreros para después estos cobrar devolviendo tales documentos firmados y de improviso abrieron la puerta del local viendo penetrar a Ramón Rodríguez Varela, sujeto que había prestado sus servicios en la mina y huido a partir del Movimiento Nacional por ser elemento destacado del sindicato minero quien empuñando una pistola en la mano derecha dijo: "nadie se mueva" y "arriba las manos" e inmediatamente ordenó al cajero que abriese la caja lo que así verificó siempre encañonado por el Varela que dirigiéndose después al dicente le intimó para que sacase el dinero que hubiese en la caja de caudales y lo depositase sobre la mesa operación que el que habla se vio obligado a realizar. Que en la caja había unos paquetes de monedas de cobre y otros de plata diciendo el Varela que no quería llevar monedas de cobre (...) Que además del dinero robó ciento cincuenta balas de rifle que se guardaban en la caja".

Segundo Andreoleti, encargado das minas:

"(...) y a bastante distancia en el monte vio a un individuo que cree era Varela el cual miraba con unos prismáticos y el declarante se escondió en una robleda viendo como Varela seguía hacia el monte en donde se reunió con dos individuos más que le aguardaban (...) Y cree desde luego que alguien de los que trabajan en la mina estaba de acuerdo con Varela ya que sabía era día de pago por darse el caso de que anteayer vino a Noya el cajero a buscar dinero y como tuviese dificultades para encontrar plata no regresó hasta las seis de la tarde por lo que tuvo que dejar para hoy el pago de los jornales. Que concretamente no sospecha de nadie pero la verdad es que pocos de los trabajadores tienen la confianza del declarante, y casi todos ellos se ausentaron al llegar Varela y decirles que se retirasen. Que en la mañana de hoy José Servia manifestó al dicente que Varela llegó a las oficinas cuando estaban cerradas y como pretendiese abrir la puerta el guarda Antonio Real le dijo que deseaba contestándole que quería hablar con D. Pedro Martín que a la sazón se hallaba comiendo. Que el propio Servia al ir hacia las oficinas el Sr. Martín le dijo lo que pasaba a lo que no dio crédito siguiendo a las oficinas y fue poco después cuando Varela realizó el robo por lo que si el Sr. Martín hubiese escapado y no hubiese penetrado en las oficinas se hubiese podido evitar el robo"

jueves, 28 de octubre de 2010

Reunión histórica en Rianxo





M.X.Blanco (La Voz de Galicia, Barbanza, 28-10-2010)

Dos escritores rianxeiros, Xesús Santos y Xosé Comoxo , volvieron a hacer tándem para sacar a la luz una interesante investigación sobre la historia de Rianxo, un libro con datos y testimonios sobre lo ocurrido en la localidad durante la Guerra Civil. La presentación del volumen tuvo lugar el pasado fin de semana, en un acto que contó con la asistencia del presidente de la Diputación coruñesa, Salvador Fernández Moreda , y del regidor local, Pedro Piñeiro Hermida .
No quisieron perderse el acto de presentación de Rianxo na súa historia. Consecuencias da Guerra Civil (1936-1939), parte de las personas que colaboraron con los autores aportando interesantes testimonios. Por el auditorio pasaron, por ejemplo, los Carnero, los Rodríguez Iglesias, Segismundo Zúñiga, Ánxela Silva, José Otero, José Antonio González y Pilar Fernández. También acudieron a la cita literaria la presidenta de O Faiado, Luisa López, que estuvo acompañada de Abelardo Soler, Ramiro Villoch, Tina Dieste y José Tembra .

martes, 26 de octubre de 2010

Xunto con Xosé Comoxo, Santos ven de publicar un interesante traballo de investigación sobre o ocorrido na vila rianxeira no período 1936-1939


M.J.Blanco (La Voz de Galicia, Barbanza, 26-10-2010)


O vínculo entre Xesús Santos (Rianxo, 1936) e a Guerra Civil ven de lonxe. De feito, el defínese como un fillo daquel conflito bélico: «Non tiña gañas de nacer, non quería asomar a cabeza porque oía tiros». Despois, ao longo da infancia, os comentarios que escoitaba na casa e na aldea foron incrementando a súa curiosidade por unha loita que co tempo se convertería no eixo central do seu último libro, Rianxo na súa historia. Consecuencias da Guerra Civil (1936-1939) , escrito xunto con Xosé Comoxo.
-¿Como xurdiu a idea de escribir esta obra?
-A idea é antiga. A miña curiosidade polo tema comezou na infancia, cando oía falar de como os falanxistas rexistraran a nosa casa na procura de armas ou de como meu pai, que era do Partido Galeguista, fora castigado con traballos na estrada. Ademais, a xente falaba de asasinatos. Facíao coa boca pequena, pero provocaba que o meu interese fora en aumento. Logo atopei a Comoxo, que se interesou moito polo tema.
-Os dous publicaran con anterioridade outras obras sobre a historia de Rianxo pero, ¿como foi o proceso de elaboración desta?
-Eu xa empezara a buscar datos nos anos oitenta. Tiña entrevistas, notas e apuntes desorganizados. Cando Comoxo se incorporou ao traballo analizamos toda a documentación e decatámonos de que había testemuñas de primeira man, xente que de feito xa está morta.
-¿Cales son para vostede as testemuñas máis importantes?
-Unha das que máis impresión me causou foi a relacionada coa morte de Francisco López "Fontevella", de Taragoña, coñecido como Fontevella . Un dos seus fillos, xa falecido, contoume con todo detalle a historia da súa vida. Tamén hai declaracións dunha moza que traballaba na casa da nai de Andrés Dourado "Quinote", que lembra como lle romperon os brazos e as pernas. Hai historias moi dramáticas, de persoas que vivían agochadas, pero tamén outras de falanxistas que axudaban a escapar aos roxos e de gardas civís que avisaban das roldas.
-¿Cal foi a súa pretensión á hora de escribir este libro?
-Pretensións hai moitas, pero a básica é contar o ocorrido da forma máis neutral posible. Non queremos xulgar a ninguén, só clarificar a historia, sen rancor, sen colocar a ninguén na picota. O noso principal obxectivo foi o de facer unha exposición clara e ecuánime do que pasou na Guerra Civil en Rianxo.
-¿Cal foi o principal obstáculo co que se atoparon á hora de darlle forma a esta publicación?
-Sen dúbida, a de contrastar a información. Hai moitos disques sobre o ocorrido naquela época, pero como ninguén estaba alí é complicado chegar á verdade. Verificar os datos foi un traballo duro. Hai que ter en conta que ningún dos crimes cometidos foi denunciado e incluso nos atopamos con que, nas parroquias, algúns dos falecidos foron enterrados como descoñecidos. Algo similar ocorría nas autopsias, segundo as cales, todos morreran por hemorraxias internas ou paros cardíacos. Conseguir a información levounos moito tempo.
-E agora, ¿en que está a traballar?
-Pois ben, Comoxo e eu pretendemos concluír a triloxía sobre a historia de Rianxo. Hai un par de anos presentamos a primeira parte, sobre a República, agora vimos de sacar á luz a obra sobre a Guerra Civil e fáltanos un libro que trate a etapa franquista, no que xa estamos a traballar. O obxectivo é dar a coñecer o ocorrido na vila desde o 1940 ata as portas da etapa democrática.

domingo, 24 de octubre de 2010

Presentado el libro de Santos y Comoxo sobre las consecuencias de la Guerra Civil


Diario de Arousa, 24-10-2010

Xesús Santos y Xosé Comoxo presentaron el viernes, en un abarrotado auditorio municipal rianxeiro, su libro titulado “Rianxo na súa historia. Consecuencias da Guerra Civil (1936-1939)”. Los autores de la obra estuvieron acompañados en el acto por el presidente de la Diputación de A Coruña, Salvador Fernández Moreda, y el regidor, Pedro Piñeiro.
Moreda indicó que cuando el alcalde rianxeiro le propuso que la institución provincial editara este libro “non o dubidei nin un segundo, porque esta obra servirá para poñer na historia feitos que ocurriron e que foron ocultados durante moitos anos” y para recordar a quienes fueron víctimas de la represión. El presidente calificó la obra de “seria e ben documentada”, que no busca venganzas, ni revanchas, ni se califican conductas”. Reconoció la dificultad del trabajo por la escasez de documentos, ya que muchos desaparecieron de los archivos. Santos y Comoxo agradecieron el testimonio de las personas que vivieron aquella época “moitos dos cales xa non están”.

El presidente provincial calificó de obra seria y documentada la publicación de Santos y Comoxo


La Voz de Galicia, Barbanza, 24-10-2010

Tras la inauguración de las instalaciones deportivas, Moreda y Piñeiro asistieron a la presentación del libro Rianxo na súa historia, de los autores rianxeiros Xosé Comoxo y Xesús Santos, que también estuvieron en el acto, en el auditorio de Rianxo. Se trata de una obra de investigación histórica, editada por la Diputación, que repasa la vida en la localidad rianxeira durante la Guerra Civil. El presidente de la Diputación felicitó a los autores por la elaboración de un libro «serio e documentado, que non é doado de escribir, porque case non hai fontes documentais. As fontes son as propias persoas e as que viviron aquela época van desaparecendo».
Los autores agradecieron el apoyo de la Diputación coruñesa y de los vecinos de Rianxo, «moitos dos cales xa non están», por su colaboración y testimonios acerca de unos hechos «moitas veces difíciles de lembrar», ya que la mayoría de los documentos de la época desaparecieron de los archivos municipales.

sábado, 16 de octubre de 2010

RIANXO NA SÚA HISTORIA

Por Manuel Dourado (Galicia Hoxe, 16-10-2010)

Así se titula un libro cuxos autores son os investigadores rianxeiros Xosé Comoxo e Xesús Santos. Un texto que ten un subtítulo moi significativo e esclarecedor: Consecuencias da Guerra Civil (1936-1939). Editouno a Exma. Deputación Provincial da Coruña. Precisamente, é o propio presidente, Salvador Fernández Moreda, quen se encarga de prologalo. O libro presentarase en Rianxo o próximo venres, 22 deste mes de outubro. Os autores teñen a ilusión de que asista o propio presidente da Deputación. Talvez, esa ilusión se faga realidade, se as obrigas do cargo llo permiten.

É realmente asombrosa a enorme a minuciosa investigación que lle serve de base a este texto. Remóntase aos anos 1970. É un labor paciente, constante e seguramente moi de custosa realización. Os datos que aportan son fiables e están certificados por unha documentación extraída dos máis variados arquivos de dentro e, sobre todo, de fóra do municipio de Rianxo, onde tales escritos aínda se conservan.

Porque non se debe esquecer que moitos dos arquivos foron borrados do mapa polos mesmos que, enardecidos polas ansias de poder e "actitude de servizo" ao golpe de Estado que se estaba a producir, desexaban executar con brillantez a folla de ruta que lle marcaba o falanxismo local como "acto de servicio a la Causa".

Por iso, procuraron borrar toda pegada que os delatara das súas falcatruadas delicuescentes e mesmo criminais. Iso constituiría unha proba da súa "brillante folla de servizos" como adeptos incondicionais do golpe de Estado contra a II República. Por iso, fixéronos desaparecer toda documentación comprometedora.

Pero Comoxo e Santos persistiron no seu empeño. Hai, ademais, algo que me parece de suma importancia para a veracidade de tales datos: o testemuño directo das persoas que viviron e padeceron aqueles terribles acontecementos. Neste senso, este libro vén sendo como unha continuación doutro dos mesmos autores titulado Saúde e República. Política e Sociedade, Rianxo 1930-1936.

É coma unha enorme lanza de luz que se proxecta sobre as tétricas tebras dun período da nosa Historia que permanecía sepultado no silencio dunha profunda foxa común baixo unha lousa ata agora inamovible.

Os autores mesmos confesan que "recuperar o pasado dun pobo, aínda que sexa dun período tan curto, cando apenas hai referencias doutros historiadores e falta a maior parte da documentación, é terriblemente difícil. Os autores foron conscientes diso desde o primeiro intre, pero non cederon no seu empeño".

Neste sentido, na súa redacción hai dúas formulacións que son transcendentais para os feitos e as fechorías relatados: 1) a listaxe dos protagonistas con nomes e apelidos; 2) que sitúan a cadaquén no seu debido lugar para o ben e para o mal. Por iso, case seguro que levantará algunhas ampolas aínda tanto tempo despois. Pero, se é inevitable, son tamén incomparablemente maiores os beneficios que aporta. Parabéns, queridos rianxeiros!

jueves, 7 de octubre de 2010

RIANXO: PRESENTACIÓN DUN LIBRO


O próximo día 22 de outubro, ás 8 da tarde, preséntase no Auditorio de RIANXO o libro RIANXO NA SÚA HISTORIA: CONSECUENCIAS DA GUERRA CIVIL. Será presentado polos autores, Xosé Comoxo e Xesús Santos, e contarán coa presencia de Don Salvador Fernández Moreda (presidente da Deputación da Coruña) e de Don Pedro Piñeiro (alcalde de Rianxo).
Comoxo e Santos invitan a todos ao acto, no que se proxectará unha serie de fotografías da época, e explicarán o seu traballo. Traballo no que estiveron inmersos un bo número de anos tratando de descifrar as consecuencias que a contenda trouxo para a veciñanza, especialmente para a mocidade "artista", enrolada no Partido Galeguista.
Vémonos o día 22
Saúdos

jueves, 9 de septiembre de 2010

BLOG DO ESCULTOR NUCO

O amigo Nuco xa ten blog: www.museonuco.blogspot.com
Os que queiran seguir o seu labor diario como escultor, e como escritor (ao que animamos a publicar algúns traballos, non só referidos á súa obra, que tamén, senón a temas cotiáns relacionado coa nosa vila, Rianxo, e coas súas vivencias como artista), xa saben donde encontrarán detalles do seu traballo a partir de agora.
Dicir que o blog aínda está en fase de deseño, pero xa podemos entrar no seu mundo...
Saúdos e parabéns

RIANXO NA SÚA HISTORIA: consecuencias da Guerra Civil (1936-1939) LIBRO EDITADO POLA DEPUTACION DE A CORUÑA



Por Javier Romero
(La Voz de Galicia, Barbanza, 15/8/2010)

Poderíase dicir que aqueles que non estudan a súa historia están condenados a perdela. Tamén que iso é o que pensaron os historiadores locais Xosé Comoxo e Xesús Santos ao empezar a documentar fai máis de 20 anos o título Rianxo na súa historia. Consecuencias da Guerra Civil, 1936-1939. Un encabezamento que segundo recoñecen «recolle testemuñas veraces de persoas que viviron os feitos en primeira persoa e que os lembraban aínda con nitidez».

Rehabilitan o Rianxo da segunda República e aos seus veciños Castelao, Manuel Antonio ou Dieste. A súa realidade trasládana a Boiro, Noia, A Pobra, Padrón e Vilagarcía. Revelan que fóra de Taragoña os grupos de traballadores enrolados en sindicatos obreiros eran escasos, de aí que non se agravara excesivamente a convivencia naquela primeira semana da contenda bélica. Cifran en 226 os afiliados ao galeguismo, número que superaba a capitais coma Santiago, Vigo, A Coruña e incluso Pontevedra. Ademais, fan unha referencia especial a aqueles que traballaron nas minas de San Finx, en Lousame, e que fuxiron aos montes.

Vinculados ao poder

A relación do bando nacional coa vila mariñeira tamén foi intensa; a sede propagandística cun equipo de prensa instalado por Millán Astray no chalé do Doutor Baltar exercía unha forte presión sobe a comarca.

Rianxo na súa historia relata episodios cargados de relevancia. Trátase dun ensaio real e neutral que achega á xente de hoxe e mañá un legado formado por xeracións de datos. Un título que cincela as miserias e precariedades que xerou o conflito bélico, que para moitos veciños aínda ocasiona ingratos recordos e levanta certa polémica. Situación que os autores esperan non se produza ao ser a súa única intención relatar uns feitos, tal e como ocorreron e que xa non se poden remediar.

Santos e Comoxo finalizan así este compromiso de narrar o pasado da súa vila, neste caso os anos da Guerra Civil, no que levaban inmersos dúas décadas e da que din que «quizais non conte para os historiadores oficiais, non obstante o obxectivo final ficará inalterado».


(Á VENDA NAS LIBRERÍAS -SE NON HOUBERA EXISTENCIAS, DEBEN SOLICITALO A: DISTRIBUIDORA EDITORIAL GALAXIA, Vigo-)

miércoles, 2 de junio de 2010

PAPOIO, DE RIANXO, UN HOME BEN QUERIDO



Por José Manuel Romero


Buscade polo mundo adiante
ó máis amigo da Paz
e mesmo que sexa capaz
de ser risoño e tolerante,
sabede que o temos diante
e non nos decatamos del,
ten a risa a flor de pel,
é capaz de vestirse de vella,
de subirse a unha angarella
pra ser o Rei dos Carnavais,
non enfadarse xamais
pois é persoa festeira,
quer ser feliz á súa maneira
e divertir ós demais.

Ten, como vos sabedes
unha figura algo rara,
tanto que con esa cara
gaña os concursos con creces
e gañaría máis veces
si se presenta outra vez
sería como ter na vellez
unha paga vitalicia
e dígovos sen malicia
e con toda sinceridade,
que non foi rei da fealdade
senón da beleza abstracta
que si Picasso o retrata
pasaría á posteridade

Non lle gusta a discusión,
cando ten un pequeno preito
sáelle unha risa do peito
para arranxar a cuestión
e cando lle veña a ocasión
que, como a todos, se morra,
penso que naquela hora
irá rindo no caixón.

Agradecémoslle de corazón
tódalas festas rachadas,
os días de carnavaladas
na angarella polas rúas.

Gracias Papoio polas túas
contaxiosas gargalladas.

jueves, 13 de mayo de 2010

O TRABALLO DA TERRA

Por Máximo Sar

O bo labrador, para obter unha colleita óptima, necesitaba esterco para abonar a terra e conseguíao nas súas cuadras e, a maiores, estercaba nas rúas. Comezaba estendendo unha capa de toxo que coas choivas, o tránsito dos carros, o mexo en catarata de cabalos, bestas e vacas, convertíao nunha especie de “sopa” moi nutritiva para os vexetais. Durante o ano engadíalle novas capas de esquilme e, cando chegaba a sementeira, facía un reparto, axustado as normas ancestrais, quedando ao descuberto o pedregoso pavimento, ata que se volvía a recubrir.

Agora decátome que a labradura do campo era un fatigoso traballo, do que a poboación rural obtiña o seu sustento, pero moi especialmente reumas, deformacións e un montón de outras enfermidades, cando non pasaba fame, que todo dependía de que o clima fora propicio ou non. Pero a min parecíame aquilo moi romántico e fermoso, porque as miñas experiencias datan dos meus tempos de rapaz, e cando algún coñecido da aldea me deixaba subir á grade, que se utilizaba para achanzar a terra antes da sementeira, eu gozaba como se estivera no tiovivo da Pascua de Padrón. Tamén a malla tiña unha certa aparencia circense, con aqueles mozotes que descargaban a “manlle”, articulada por unha peza de coiro, sobre o centeo, de forma sucesiva e rítmica. Pero, a verdade é que terminaban suando a gota gorda.

Por unha razón ou por outra, xa no se ven as paisaxes bucólicas que deixo esbozadas. Eu vou aos supermercados e vexo os expositores cheos de produtos do campo e vou ás leiras e no hai unha pataca. Extensas veigas, fai poucos anos produtivas, hoxe son pura matagueira ou selva impenetrable e pregúntome: Quén coño sacha?

Hai unha porción de cidadáns, último residuo dos vetustos servos da gleba, que se entregan ás faenas agrícolas por puro deporte, porque iso satisfainos; pero non teñen nada que ver con aqueles míseros personaxes creados por Castelao, que se inclinaban ante o cacique Viturro, con casona propia en Rianxiño. Non, trátase, ao mellor, de millonarios afortunados cunha quiniela, ou de xubilados que perciben unha boa pensión. Divírtense así, e de paso comen ensaladas cultivadas por eles mesmos. Soen ser persoas da cidade que sen coñecer a obra poética de Horacio, optan pola comunicación coa natureza. No son estes os que abastecen os supermercados; diso encárganse os latifundistas do Mediterráneo, os chilenos, peruanos ou de outras estrañas latitudes.

Polas nosas terras de Caldas de Reis, o máis exaltado que coñecín neste aspecto, foi Marcelino Chamadoira, que, grazas aos seus tenaces labores de investigación, chegou a conseguir o chícharo roxo e un abono eficacísimo, extraído do vimbio, que incluso comercializou co nome de “Extercomín”. Morreu, e ao cabo duns anos tamén a súa viúva, Evangelina. Fun ao enterro e, unha vez introducido o féretro no nicho, o enterrador colleu un saco de plástico e meteuno no oco que quedaba.

—Son os restos mortais, os ósos, vamos, do señor Marcelino –aclaroume alguén que estaba ao meu lado.

O saco en cuestión, dun vivo color roxo, lucía en grandes letras negras a coñecidísima marca do nutriente agrícola ”Nitramón”, e isto fíxome meditar sobre as bromas do destino, máis alá desta vida

miércoles, 14 de abril de 2010

LIBRO SOBRE AS CONSECUENCIAS DA GUERRA CIVIL EN RIANXO



Desde hai relativamente pouco tempo, a lista de libros relacionados coa historia do pobo de Rianxo está a verse ampliada de forma constante. Dentro de pouco contará cun novo título: Rianxo na súa historia. Consecuencias da Guerra Civil, 1936-1939, que sairá da imprenta da Deputación Provincial de A Coruña.
Os autores, Santos e Comoxo, afirman que as consecuencias que a Guerra Civil trouxo para os pobos de Galicia son semellantes, pero cada municipio sufriu ese período dunha maneira particular. No caso de Rianxo, eran escasos, a excepción de Taragoña, os grupos de traballadores enrolados en sindicatos obreiros, de aí que non se agravara excesivamente a convivencia naquela primeira semana da contenda bélica.
Con todo, e segundo os investigadores, a xuventude desta interesante vila mariñeira, nese intre tan ligada ao galeguismo (en número de afiliados, 266, superaba a capitais coma Santiago, Vigo, Coruña e incluso Pontevedra) e tan entusiasta politicamente, viuse sorprendida polo fanatismo e odio que na súa contra comezou a imperar na vila, tras o levantamento dunha parte do exército establecido en África (en pleno mes de xullo de 1936). A maioría dos “artistas” (como eran coñecidos os mozos galeguistas) e outros, especialmente aqueles que traballaran nas minas de San Finx, Lousame, fuxiron aos montes ou a onde puideron. Pero serían perseguidos con saña por algúns membros da Falanxe, tanto local como foránea, axudados por certos compoñentes da Benemérita, de triste memoria para os rianxeiros. Non tardarán en caer paseados nas cunetas; os que tiveron máis sorte, sufriron outro tipo de consecuencias (cárcere, malleiras, insultos, multas…).
Neste libro, descríbese este tema e outros non menos importantes para a vida dun bo número de familias, castigadas por infinidade de impostos e calamidades, consecuencia da triste situación bélica.
A parte da veciñanza, este traballo de investigación, que abarca un período nefasto para case todos, traeralle ingratos recordos, e quizais levante certa polémica. Non obstante, sería imperdoable descoñecer e esquecer o pasado histórico dun pobo, neste caso de Rianxo, como así o entenden os autores.
Santos e Comoxo, dous vellos compañeiros, finalizan así ese seu compromiso de historiar o pasado da súa vila, neste caso os anos da Guerra Civil, no que levaban inmersos máis de dúas décadas.

martes, 2 de marzo de 2010

O CACHALOTE QUE APARECEU EN TANXIL EN 1916



Por Xosé Comoxo e Xesús Santos

Na mañá do 9 de novembro de 1916, cando tendían as redes cerca da Punta do Chazo, uns mariñeiros de Rianxo viron pasar, a pouca distancia, un “animal enorme” (de 16 metros de longo por 8 de circunferencia) para eles descoñecido na “fauna marina”. Levaba dirección da praia rianxeira de Tanxil.

Ao pouco tempo, cara as once, espallouse a noticia de que nas proximidades da citada praia, encallara un “pez de grandes dimensiones”. Alá se foron un bo número de mariñeiros e outras persoas, entre as que estaba o cabo de Carabineiros, Hernández, e o industrial Manuel Pérez.
Diante del, case todos emitían a súa opinión respecto dos medios que se debían empregar para apoderarse definitivamente do “estimado huésped”. Outros preferiron discutir sobre quen tiña máis dereito á presa.

Como o cetáceo daba probas de grande vitalidade, decidiron acometelo. O cabo de Carabineiros descargoulle máis de doce tiros de maüser na cabeza.

“Algúns rapaces tiveron a moito honor recoller os casquillos pra asubiar niles e dicir aos outros que non estivera alí: -¿Velo? ¡É de fusil!”

Fixéronlle explotar “casi en contacto una bomba de dinamita”, e ata houbo algún mariñeiro que lle deu varios “hachazos”. O animal, debida a tanta saña, sangraba abundantemente.

-“Así non fas nada, home. Estás perdendo o tempo. Faguede a cousa con orden”

Todo se fixo sen orde e sen a debida preparación.

A marea crecía. Agora, as “digresiones” sobre quen tiña máis dereito á presa, abundaban.

A un mariñeiro ocorréuselle engancharlle á cola un cabo, e todos comezaron a tirar polo animal, ata que conseguiron poñelo cara ao mar. Foi cando comezou a tomar auga e adentrarse na ría. Quedaron todos cun “palmo de narices”, vendo marchar o prezado “tesouro”.

Os de Rianxo perderon unha boa presa. Non foi posible “por ignorancia y por un mal entendido egoismo”. “Será certo. Eu non sei que pensar. A unión sempre é boa”. Beneficiaranse os veciños de Vilanova de Arousa, despois de atopar o cachalote en bastante mal estado na praia das Sinas.

“Vin despóis o seu esquelete, iñorme e sanguiñento, do que se podería ben faguer un bó navío. E vin as cubas en que foran botando o seu mesto saín, e a cinza das fogueiras en que se derretera... E sentín, xa unha milla denantes de chegar ao campo do seu sagrifizo, o cheiro arrepiante dos seus restos...”

Discutiuse durante algún tempo “encol de se era xusto que Vilanova fose dona da balea sen dar parte a Rianxo. Pero eu dígovos que nós (os rianxeiros) tivemos a parte máis fermosa”


1) Rafael Dieste: De cómo veu a Rianxo unha balea
2) Gaceta de Galicia, 14-11-1916: DE RIANJO: El ballenato de las Sinas

domingo, 7 de febrero de 2010

RIANXO: OS DÍAS PREVIOS Á REVOLUCIÓN DE OUTUBRO DE 1934

Por Xosé Comoxo e Xesús Santos



Unha das preocupacións do Goberno da Segunda República nos comezos de setembro de 1934, eran as folgas xerais e as algaradas declaradas en diversas capitais. Segundo o ministro da Gobernación, a de Asturias non tiña fundamento algún de reivindicación, e só era un “torpe propósito de regular el ejercicio de los derechos del ciudadano por la violencia de directivas y sindicatos; es el afán de impresionar al pais ofreciéndole el espectáculo de que una orden basta para paralizar la vida de una ciudad”. Ante os acontecementos, a partir do día 15 de setembro, suspéndense toda clase de actos públicos, reunións e manifestacións.


O momento político era de verdadeira inestabilidade e un sector da poboación opinaba que era necesario un Goberno de coalición capaz de xuntar aos “elementos” necesarios para obter maioría parlamentaria e así intentar levar o temón da nación. A desorde pública nas rúas desbórdase nun sen fin de poboacións, especialmente en Cataluña, e o Goberno vese obrigado a firmar un Decreto declarando o estado de alarma. No Concello de Rianxo recíbese un bando do gobernador civil en tal sentido, que será dado a coñecer en todo o municipio.


Na provincia da Coruña, a dicir do gobernador civil, a orde pública era perfecta, e a vixilancia para controlar calquera intento subversivo, a debida: “la defensa de los intereses del régimen constituído y de la causa del orden está plenamente garantizada y la autoridad está suficientemente advertida de cuanto se trama”. A autoridade gobernativa non tardou en redactar un bando avisando da implantación do estado de alarma e, cando esa nota sae á rúa, xa os concelleiros rianxeiros deixaran de asistir ás sesións, e non por motivos da festividade de Guadalupe, que, dito de paso, non parecía estar no seu mellor momento, a pesar do interese da comisión de festexos, e incluso do propio Concello, que lles cedera a recadación municipal dos postos públicos.


Unha vez rematados os festexos, ten lugar un acto subversivo de pouco alcance. Un tal Serafín Cardama Diz “Velloso” (natural de Padrón e con residencia en Ribeira), de oficio panadeiro, dedicouse a repartir follas clandestinas provocando á rebelión. Días máis tarde, na noite do 24 ó 25 de setembro, un grupiño de mozos de Taragoña (entre eles, Inocente González Rey, José Romero Rial, Miguel Miguéns Villanustre e José Agrelo Tubío), encabezado por Cardama, recorreu varias tabernas, comendo e bebendo ata “encudarse”, feito que non tería importancia se non se dedicaran posteriormente a cortar o “alumbrado público y de conducción de energía de la fábrica de aserrar maderas de Manuel Escurís, entre otros, acompañado (Cardama) de sus agradecidos invitados”. O que máis inquietou á garda civil foron os gritos subversivos e outras barbaridades cometidas, que orixinaron a intranquilidade da veciñanza: “Todos fueron detenidos, a excepción del Cardama que desapareció y al que se busca activamente. Dióse cuenta de todo ello al Juzgado de instrucción”. Cardama será procesado o 10 de outubro, e o xulgado de Padrón ditará auto de prisión contra el.


A pesar de todo, as diversas comisións de festas do municipio non interrompen as súas algarabías festeiras. O 6 e 7 de outubro celébrase a do Rosario, con verbena e baile ata as 11 da noite; o mesmo que en Asados, a dos Dolores, durante o 13 e 14; posteriormente, Taragoña... Sen embargo, en Rianxo hai algúns presos nos baixos do Concello, que ben puideran ser os “revoltosos” de Taragoña (ao menos un deles estaba relacionado co estado de alarma existente no municipio). O alcalde e o tenente de alcalde, así como o secretario Sanluís Calvelo, apuran do Goberno Civil a licenza de armas.


Despois dun mes pechado o salón de sesións, os concelleiros rianxeiros reúnense o 1 de outubro. Na xuntanza sae a relucir o resultado da poxa das obras do cuartel da garda civil e da ponte da Laxe; recoñecen a necesidade de construír un grupo escolar na vila e adquirir locais onde instalar as escolas existentes no edificio da Benemérita; neste último aspecto, decídese habilitar os baixos do Concello para tal fin. Da crise do Goberno nacional e da delicada situación non se fai constancia. Os concelleiros estaban avisados polo gobernador de que non deliberaran nin tomaran “acuerdos sobre asuntos que no sean puramente administrativos, obligación de cuyo incumplimiento se harán responsables al alcalde y al secretario”. A revolución de Asturias estaba a punto de comezar, así como outros sucesos graves na vila. Por uns días cerrará de novo o salón de sesións.

lunes, 25 de enero de 2010

CONSIDERACIONES SOBRE LA CULTURA GALLEGA

Por Máximo Sar


El programa “Luar” que presenta Gayoso en TVG, nos mostró un vídeo sobre el “Baile de Las Penlas” que, según el diccionario de Eladio Rodríguez, significa “niñas ataviadas que en la procesión del Corpus llevan a hombros, representando la alegría”y, en efecto, de eso se trataba: de dos chavalitas, como de un par de años, guardando el equilibrio, con sus piececitos apoyados en los hombros de dos señoras, que se movían al ritmo de la gaita, agarrando dos cintas que salían de la cintura de las niñas, que, según los síntomas, lo estaban pasando de maravilla. Un locutor, refiriéndose al curioso espectáculo aseguró que aquello era un entrañable botón de muestra de la “cultura redondelana”.

Si nos fijamos en A Estrada, en pleno Carnaval, nos encontramos con su insólito desafío de los “generales”, representantes de supuestos ejércitos enfrentados, que asombran por la propiedad y fausto de los uniformes que visten, en un estupendo estado de conservación, y el enjaezado de las caballerías; lo único que no nos convenció, la única vez que asistimos a uno de estos actos, fue la falta de ingenio en los diálogos de los dos altos “jefes”, deficiencia achacable a los guionistas. Por lo demás, todo digno de ver.

Muy cerca, otra muestra de la genialidad popular, es “a rapa das bestas”, de Sabucedo, algo muy fuerte, en el que mocetones bien alimentados se agarran a la cabeza y cuello de caballos semisalvajes, que el día anterior los bajan de los montes, organizándose en el curro una lucha entre el hombre y la bestia, en la que ésta es derribada y humillada con el corte de su gran mata de crin. Hay auténticos fanáticos de nuestras “rapas” (que se repiten en otros puntos), acudiendo de toda España por las fechas en que tienen lugar.

Los habitantes de Moraña, donde tengo muchos amigos, podrían salirme al paso para decirme, más o menos:”¡Oiga!, nosotros contamos con conocidos vestigios prehistóricos; pero, si nos acercamos a nuestro tiempo, ahí están los “Milagros de Amil”, una de las más multitudinarias romerías gallegas, rodeada de circunstancias hermosas y típicas, y nuestros asados anuales, que hoy atraen a miles de personas. Son florones de nuestra cultura peculiar, que nos distinguen de otros pueblos. Y tendrían toda la razón.

¿Y qué decir sobre Pobra do Caramiñal, con su única, original, emocionante y fúnebre “procesión de las mortajas”, pasmo de nacionales y extranjeros, que contemplan como hombres y mujeres, salvados de graves enfermedades por el Nazareno, caminan tras los ataúdes, dentro de los cuales irían si no fuera por la divina intercesión?.

El acervo cultural de Padrón cuenta nada menos que con el armónico grupo de rocas ciclópeas ubicado en el monte Santiaguiño, desde el cual es tradición que predicó el Apóstol y la columna o pedrón a la que amarraron “a barca da pedra” sus discípulos, y la losa que al recibir el cuerpo santo se ablandó milagrosamente haciéndole cama.¡Algo grandioso para una pequeña villa ser el germen de toda la tradición apostólica y de la Ruta Jacobea, por la que caminan hacia Santiago gentes de toda Europa desde los comienzos de la Cristiandad! ¡Y en la que nació y se crió un premio Nobel!

Lo expuesto es a modo de ejemplo, puesto que podría seguir enumerando comarcas y pueblos poseedores de una cultura propia, producto del genio local o de los avatares históricos, y, en cada uno, la lista de manifestaciones culturales, sería muchísimo más rica.

A lo largo de siglos, nuestros pueblos (al igual que otros del resto de España) vivieron aislados, sin apenas relación con sus vecinos, porque cada uno se bastaba a si mismo y, por otra parte, no había medios de comunicación o eran pésimos y esta situación se prolongó hasta hace relativamente pocos años. Recuerdo que la villa en que nací me parecía siempre igual y que así sería por toda la eternidad: las mismas personas, las mismas fiestas y costumbres sociales.

Siempre lo mismo. Cambiaban los funcionarios únicamente y si alguna vez se veía por las calles a un tipo mal trajeado y desconocido, resultaba ser el “hombre del saco”.

En este campo de soledad, en el seno de cada grupo, se irían modelando esos aspectos espirituales de que se enorgullecen los descendientes de aquél. La misma muiñeira, que es símbolo de enxebrismo, ofrece importantes variaciones, en los puntos y la vestimenta, incluso dentro de la misma área observada.

Para terminar, a mi juicio, la cultura gallega no es un todo monolítico, sino un espléndido mosaico.

jueves, 21 de enero de 2010

CON PERDÓN DE ROSALÍA (II)

Máximo Sar


Como papa miudiño

unha boa lacoada

despois de media empanada

e unha garrafa de viño.


Tamén orballa a modiño

polas veigas de Lestrobe,

namentres o noso homiño

entre que roe e que bebe

nin se decata que chove,

e molla sopas no prebe.


O nubeiro verte orballo,

que enchoupa veigas e brañas,

e o gorxón deste traballo

inda merenda castañas:

¡E que chova, que carallo!

martes, 19 de enero de 2010

CON PERDÓN DE ROSALÍA

Máximo Sar


Como come miudiño

nunha tasca de Laiño

unha boa lacoada,

dúas racións de empanada

e unha garrafa de viño.


¡Cómo chove por Lestrobe!

E o lambón, bebe que bebe,

e logo roe nos callos

-mentres que en Lestrobe chove-

e molla sopas no prebe.

sábado, 16 de enero de 2010

EL PLANETA DE LOS INSECTOS

Por Máximo Sar

Quien me aficionó a la observación de la Naturaleza, fue un compañero del “Colegio Scientia”,que, por los años de la guerra civil, funcionaba en la calle Montero Ríos, de Santiago. Se llamaba Manuel Fraga Rodríguez y, no obstante su juventud, era un entusiasta entomólogo y poseía una colección de mariposas, realmente importante. En sus horas libres se pasaba el tiempo indagando cosas relativas a su afición y recuerdo que una tarde me llevó hasta el Bosque de la Condesa –hoy absorbido por el campus--,y allí, en un sendero, encontramos una gran hilera de procesionarias, orugas que se alimentan de la hoja del pino y que se trasladan en procesión, hasta llegar a un nuevo tronco, por el que trepan y forman unos nidos algodonosos. Entonces, lo que hizo mi amigo, con gran habilidad, fue juntar la parte posterior de la última oruga con la cabeza de la primera, transformando el desfile procesional rectilíneo en un perfecto círculo y así estuvieron, dando vueltas varios días, hasta que perecieron por hambre o extenuación.

Hace años me dediqué a criar gusanos de la seda, partiendo de una cajita con huevecillos que me mandaron de una institución levantina, a petición mía. De las ramas de morera, que es su comida preferida, me tenía que aprovisionar a la salida del Puente Chaín, donde vegetaban tres o cuatro antiguos ejemplares. Cuando nacen los bichitos casi hay que verlos con lupa, pero roen como condenados, noche y día, de manera que yo tenía que ir a Portas diariamente para tenerlos contentos. Llega un momento en que son como pequeñas salchichas de transparencia rosácea y entonces había que ponerles unas ramitas secas para que entre ellas tejiesen el capullo dentro del cual se metamorfoseaban en crisálidas; si no las matabas al vapor, a su tiempo salían las mariposas, que inmediatamente se apareaban y luego venga a poner huevos frenéticamente.

Otro que se dedicó a esta lúdica actividad en la villa de Caldas de Reis, fue Celso Domínguez propietario del “Bar Termas”,con la facilidad que le suponía contar con una terraza sombreada precisamente por moreras.

Habrá quien crea exagerado, que me gaste las neuronas en tratar de algo, aparentemente tan despreciable, como pueden parecer los insectos. Pero quizás cambien de opinión cuando sepan que la clase de los tales comporta más de 700.000 especies y que tienen una enorme trascendencia como polinizadores de muchísimas plantas o iniciadores de la cadena trófica para numerosos animalitos. De manera que, sin ellos, es probable que nosotros no hubiéramos existido jamás. Menos mal, que de unos años acá, hemos empezado a mostrarles nuestro aprecio y ya es relativamente corriente que en algunos restaurantes te ofrezcan grillos al ajillo o ensalada tibia de saltamontes con vermes fritos. Tomen nota, pues, los lectores y vayan reconociendo el interés que para nosotros mismos tiene esta enorme parcela del reino animal.

Hay muchas cosas curiosas que contar; pero yo quiero resaltar un bichito que parece insignificante, pero que no es tanto. Me refiero al mosquito del vino, que me retrotrae a la década de los 70, un tiempo en que yo acudía diariamente, con un buen amigo, a un bar del pueblo donde servían un auténtico Rosal artesanal. Para mayor tranquilidad nos servían en un comedor del primer piso y el vino nos lo traían en una botella exactamente igual a un matraz de laboratorio: figura esférica y cuello largo. Pues bien, cuando llegábamos a la tarde siguiente, si la botella no había sido retirada, estaba totalmente negra: eran millones de mosquitos que tapizaban su interior, me imagino que para aprovechar los restos. Lo más sorprendente, contra la creencia popular, era que se trataba de moscas -una variedad--, nada menos que la “drosófila melanogaster”, que viene prestando inmensos beneficios a la investigación científica, porque, debido a su corta existencia y su proliferación, permite conocer, a corto plazo, el resultando de experiencias sobre la herencia genética.

Ya dije quien me metió en estos berenjenales; pero, ya con pocos años, mi curiosidad por la vida, en todas sus variantes, era patente, a lo que coadyuvaba la extensa huerta con que contaba la casa de Padrón, donde nací y viví mis primeros quince años. Eran más de dos hectáreas de terreno a frutales, labrantío y jardín, un campo estupendo para el estudio de la fauna local. Me encantaba atrapar mariquitas (“coccinella septempunctat, ¡ojo!) para verlas corretear por la palma de mi mano, hasta que llegaban a la punta del dedo índice y allí separaban sus preciosos élitros, desplegaban unas alitas como papel de seda y salían volando a comer pulgones. En septiembre, casi siempre encontraba algún “lucano cervus”, o biscorna, que imponían respeto con su exagerada cornamenta, pero eran inofensivos.

También en el otoño solía entregarme a un apasionante deporte, que consistía en atrapar una mosca, atarle por debajo de las alas un hilo y sujetar una punta del mismo con el dedo contra una pared, a la espera de que acudiera alguna de esas feroces avispas que visten traje de presidiario, a rayas negras y rojas, y se apoderase de mi oferta proteínica y cuando al fin una la aceptaba me hacía ilusión ver como salía el hijo ondeando al viento.

Pero el espécimen que más me intrigó, hasta casi traumatizarme, lo vi por primera vez una tarde luminosa de estío. Surgió de no sé dónde y tal era su velocidad que sólo alcancé a distinguir un cuerpo alargado, con una alas que se movían a velocidad mecánica, se introdujo en una flor y reculó, sin dejar de aletear rabiosamente, y huyó disparado hacia un huerto colindante. Lo vi otras veces, pero jamás con detalle, hasta que una tarde, muchos años después, en el exterior de la casa que tenía el finado “Borobó”, en Trebonzos (Boiro), surgió súbitamente “mi” insecto preferido y añorado; estuvo libando un rato en una buganvilla y se fue.

Posteriormente, por una película documental, me enteré que se trataba de una “esfinge colibrí”, una maravilla de la naturaleza que no he vuelto a ver.

Nos vemos.

sábado, 9 de enero de 2010

LA VELOCIDAD NO ME VA


Máximo Sar


Ayer, entre el conjunto de muertos, asesinados, desaparecidos y víctimas de violencia de género, en que consiste el contenido de la información que nos dan los telediarios, ví, durante unos segundos, un tren bala chino, deslizándose por las inmensas praderas de tan vasto país, como un bello ente extraterrestre, fulgurante relámpago de plata, que debió de ser un error de programación, porque de inmediato transmitieron la imagen normal de un coche esnaquizado en una autopista y dos cadáveres en el asfalto, envueltos en papel albal dorado.


A mi me apasionan estos artilugios del siglo XXI, aunque la mayoría provengan de más atrás, como símbolos de la fabulosa capacidad de conquista que tenemos los humanos, después de una atroz lucha contra la naturaleza, que comenzó cuando el primer homínido mató al oso para vivir en su cueva. Desde luego, a mi me parece placentero y prodigioso ver como el “Ave”vuela a través de Al Andalus --que dicen los moros reivindicativos—y saber que muy pronto transitará entre nuestras ciudades más importantes, aunque personalmente opino que para nosotros más bien parece un juguete de lujo, puesto que las grandes urbes gallegas están bastante próximas entre sí, de manera que cuando el “Ave” arranque de A Coruña, a 400 kms hora, al llegar a Padrón tendrá que ir echando el freno, para no estrellarse al llegar a Vigo y, por otra parte, yo no advierto en los alrededores a mi alcance, que la gente tenga tanta prisa, como lo acredita la corriente observación del obrero que vemos correr hacia el tajo cargado de tableros con el aparente afán de ponerse a la tarea, pero que al ser llamado desde la puerta del bar por su amigo Manolo, después de jurar que lo que tiene entre manos es urgente, entra en el establecimiento, después de arrimar la carga en la pared, se acerca al mostrador, enciende un pitillo, pide una cerveza y charla con el amigo sobre el último partido. Por último ocurre que nuestro paisaje, sobre todo orillando el litoral de las Rías, es de ensueño y hay que degustarlo demoradamente. Comprendo que los adelantos son necesarios, si queremos progresar, porque siempre hay alguno que le da por tomarle gusto al trabajo. Fuera de tales casos el mejor medio de locomoción para disfrutar del entorno, es el que nos proporcionan nuestras piernas.


Esto no es óbice, obstáculo, cortapisa, valladar, traba o impedimento, para que todavía me quede embobado mirando un Boing volando a once kilómetros de altura, con una luz intermitente y dos penachos de vapor de humos contaminantes o esos gigantescos trasatlánticos que se ven ahora, capaces de acoger un pueblo entero y lo que se tercie. Son espectáculos que no me cansan.


Lo que pasa es que yo nací y me crié en una época dominada por la lentitud .Recuerdo, cuando jovenzuelo, aquellos viajes de Santiago a Vimianzo, a bordo de ómnibus destartalados, que cuando llegaban a un repecho de la carretera cargada de baches, se paraban de repente; los viajeros descendíamos, dábamos unos paseítos y recogíamos moras –si era tiempo--, mientras el chófer se colaba bajo el vehículo, asomando sólo la punta de los zapatos, en tanto el revisor le iba suministrando llaves, martillos, aceiteras o lo que el técnico le iba solicitando, como en un quirófano. Una hora más tarde se reanudaba el viaje, pero era raro que no se repitiese la avería y que incluso los viajeros tuviésemos que empujar un rato el decrépito mastodonte, cargado de cestas, con un gallo asomando la cabeza, maletas y sacos de repollos, hasta llegar a lo alto de la cuesta. Algunos se hartaban de largar tacos, ganándose la reprobación del revisor porque había señoras delante; pero, para mi, era una excitante aventura.


Lo que me cogió de lleno fue el auge de los gasógenos, una secuela de la guerra, cuando la gasolina andaba escasa .El invento consistía en un aparato acoplado en la parte posterior del auto, que contenía una cámara donde, por combustión incompleta de combustibles sólidos, se producía un gas que lo hacía andar, con muy pocas ganas, exhalando un olor fétido, por encima. Era lo que había y cuando estalló la II G.M. se utilizó con profusión en toda Europa.


Pero había más cosas, ideadas, en principio, para transportarnos de un punto del globo a las antípodas, a velocidades no imaginables; pero que, por imperio de las circunstancias, iban a paso lento, lo cual ocurría con el tren. In illo témpore, yo iba de Santiago a Vilagarcía, con unos amigos, durante la temporada veraniega, para bañarnos en Playa Compostela, a donde llegábamos bastante pronto, porque hasta Carril todo era cuesta abajo y el convoy, una vez que arrancaba resbalaba por los rieles, impulsado por la fuerza de la gravedad y su propia inercia.


Lo peor era al regreso, porque entonces marchábamos cuesta arriba y la locomotora emitía unos jadeos agónicos que la humanizaban hasta dar pena. A pocos kms. de La Esclavitud, bufaba, patinaba y, al fin, se detenía. Entonces descendíamos al sendero que había para uso peatonal y nos acercábamos a Varela, el maquinista.


--¡Pero, home, que xa son as once e media da noite!

--¿E qué queres qué faga? Esta máquina quere carbón de Cardif e, como non o hai, botámoslle o que atopamos polo camiño.


Efectivamente, a unos 50 metros una luz de linterna nos permitió contemplar al fogonero, acompañado de un voluntario, apañando en un pinar piñas secas, ramaje, fieitos, toxos y cualquier cosa que ardiese.


Volvimos a nuestros asientos y así como dos horas después echó a andar aquella locomotora que hasta creo que era la “Sarita”, de Camilo J. Cela, que daba unos silbidos penetrantes, aunque un tanto amariconados (la máquina, claro).


Yo sigo admirando la supertecnología, esos “aves”, de 400 kms. hora y los satélites artificiales que orbitan La Tierra a más de 20.000 kms. hora; pero en el fondo de mi corazón, añoro fuertemente el pasado y su lentitud de caracol.

martes, 5 de enero de 2010

RIANXO: Poesía de FERNANDO GARCÍA ACUÑA a ROSALÍA DE CASTRO

Por Xosé Comoxo e Xesús Santos


Rosalía de Castro morre o 15 de xullo de 1885. Todos os xornais reflectiron a noticia:

“Ya desapareció de entre nosotros la representante más genuina de nuestra poesía regional: ya voló a las regiones de la eternidad la gloria más legítima y respetable de nuestra querida tierra: ya subió al cielo la que, mejor que nadie, cantó las tristezas y las alegrías del sufrido y laborioso pueblo gallego”

O Círculo de Artesanos da Coruña, convoca en agosto de 1885, un certame de poesía con catro premios: dous en galego e dous en castelán, co título “ROSALÍA DE CASTRO”, para honrar a memoria da poetisa morta.

O xurado sería presidido por Emilia Pardo Bazán.

Son convocadas as catro Deputacións, o Claustro da Universidade de Santiago, os Institutos de Ensinanza de Galicia e os Concellos de Santiago e Padrón:

“Rogando a estas corporaciones que envíen a la velada un representante de su seno, a fin de que esta solemnidad no sea solo el Círculo de Artesanos, sino que sea Galicia la que honre a Rosalía de Castro”

Unha das poesías premiadas, con mención honorífica, está asinada en RIANXO por Fernando García Acuña. Poeta nacido en Cuba en 1861. Rematara a carreira de médico en Santiago en 1884. A súa residencia, ao menos en xuño de 1885, estaba en Betanzos. En Rianxo tamén escribe a poesía, “Remember”, en agosto de 1885.

¿Estaba a pasar as vacacións en Rianxo ou exercía de médico na vila? Esa pregunta queda pendente de contestar.

A ROSALIA CASTRO

(Poesía premiada con mención honorífica en el Certámen literario de La Coruña, el 2 de Setiembre de 1885)

LEMA.

¿Porqué viste de loito a pátrea miña,

A pátrea d’os poetas?

(O autor)

¡Bendito sex’ó sol ó sol d’a groria

Qu’os mundos alomea,

E ó mesmo dalle vid’a á frol d’os campos

Qu’á musa d´o poeta!

¡Bendito sex’ó sol! digo cen veces

O ver que n’esta terra,

Verce d’os xénios, e d’os xénios tomba,

Alent’á fé gallega;

E n’as áas d’un subrime pensamento,

Hoxe Galicia enteira,

A ó probe reiseñol d’as nosas grorias

Dedicall’unha ofrenda.

E canto d’ésta sorte porque sinto

Eiquí n’a miña testa,

Ese fogo d’os ceos que m’inspira

E á outras rexiós me leva…!

I

¡Ou Galicia suspira miña xoya,

Suspira amada terra;

Estás triste n’as tuas evedades

Chorand’as tuas tristezas.

¡Ou Galicia! Tua pátrea morosita

D’os prados e d’as veigas,

D’as fontes, d’os regueiros e d’os rios

Onde ti te reflexas;

A terra d’s paxaros e d’as froles,

Da brís e mais d’as niebras;

Ti á pátrea melancónica que choras

Com’á naiciña tenra,

Tomba d’aquel Aguirre que levaba

De libertá á bandeira,

¿Que tés, que che socede, porque choras

Galicia feiticeira?

¿Porqué tocan doridas pouc’á pouco

A’s campás d’as eirexias,

E ó povo triste está é aló n’o ceo

O sol non Alomía?

¿Porqu’as froles dos campos caldenantes

Non s’abren boniteiras,

Esparcindo n’os aires o’s prefumes

Que n’o cális encerran?

¿Que teñen os paxáros que non cantan

Aló n’a carballeira,

E á font’e ó regueiro non marmuian

Xentís como d’aquela?

¿Que teñen, que cobertor o’s teus oídos

Hox’están pol-a’s brétemas,

E as fadas n’a sua língua misteriosa

Suspiran é se queixan?

¿Porque viste de loit’a patrea miña

A patrea d’os poetas?

¿Qué pasa, que socede, que hastr’as ondas

D’o prácido Sarela,

Parés que fuxen e bicar non queren

O’os xuncos d’as ribeiras?

II

¡Todiña triste está, Doridas ximen

D’a-y-alma a’s cordas tenras

¡Que para sempre morren a pobre pomba

D’as soedades gallegas!

¡Que morreu Rosalía dino todos,

E chorando sua perda

Tod’aquel que se tén por bó gallego

Dedicall’unha ofrenda.

¡Rosalía morreo! Nunc’o seu nome,

Qu’ó xénio d’os poetas

Vive sempre n’os ceos infinitos

Ond’a groria alomea¡

FERNANDO G. Y ACUÑA

Rianxo (Rías Baixas) Agosto 1885.