jueves, 21 de enero de 2010

CON PERDÓN DE ROSALÍA (II)

Máximo Sar


Como papa miudiño

unha boa lacoada

despois de media empanada

e unha garrafa de viño.


Tamén orballa a modiño

polas veigas de Lestrobe,

namentres o noso homiño

entre que roe e que bebe

nin se decata que chove,

e molla sopas no prebe.


O nubeiro verte orballo,

que enchoupa veigas e brañas,

e o gorxón deste traballo

inda merenda castañas:

¡E que chova, que carallo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario