martes, 29 de septiembre de 2009

A "Manuela": en toda a Ría de Arousa non hai lancha coma ela


As regatas marítimas en Vilagarcía (1930-1935)

Por Xosé Comoxo e Xesús Santos

A historia das regatas de lanchas xeiteiras na ría de Arousa, máis concretamente en Vilagarcía, está sen completar. Algo se ten feito, pero aínda é insuficiente dada a súa importancia histórica. Non é este o momento apropiado, pero non deixaremos de mencionar as realizadas no período que vai de 1930 a 1935, con altos e baixos de esplendor.

Durante moitos anos a “Perla de Arosa”, nas súas festas de San Roque, celebradas en agosto, foi escenario dun sen fin de anécdotas como consecuencia das rivalidades existentes entre os participantes, especialmente as de Vilaxoán e Rianxo e, dentro destas vilas, as das tripulacións das lanchas “Carmelo” (e “Carmen”, algunhas veces) e “Miramar”, primeiro, e despois a “Manuela”, estas dúas de Rianxo.

A “Carmelo”, que non era a única lancha de Vilaxoán que participaba nas regatas aínda que si a máis importante e preparada, era patroneada nos anos 1920 por Romualdo Barreiro, logo por José Serantes e máis tarde, por un tal Calahonda, todos mariñeiros. Fora construída nos estaleiros de Places, de Abanqueiro, un famoso carpinteiro de ribeira e estaba encadrada nas lanchas de ata 12 remos (6 a cada lado). Regateou ata os primeiros anos de 1950.

A “Miramar”, de Rianxo, era propiedade de Baldomero Cebreiro, quen ao mesmo tempo facía de patrón. A lancha preparábase para ir a Vilagarcía con tres meses de antelación. Varábase no peirao e cubríase cunha vela, en forma de palio, para que non abrise co sol. Así comezaba o seu acondicionamento “secreto” no que interviña todo o pobo, especialmente o carpinteiro de mar, Manuel “o Carril”. Os estrobos facíanse dun cáñamo durísimo e os remos seleccionábanse entre os mellores do pobo. O día anterior ás regatas untábase a lancha, desde a quilla ata a liña de flotación, cunha mestura de aceite e sebo escorregadizo. Baldomero Cebreiro, un home repousado e con fino sentido do humor, sabía ben que a lancha non volvía ser súa ata despois das regatas. Regateou ata 1929, ano no que, por diversas causas, a competición resultou deslucida, a pesares da grande afluencia de visitantes:

“El puerto presentaba un aspecto muy animado con la gran afluencia de lanchas que vinieron de distintos puntos de la ría a presenciar las regatas, las que este año resultaron por diversas causas deslucidas, anulándose unas regatas y suspendiéndose otras”

“Con seis remos por banda.
¡nada más...! y sin la vela,
navega el “Miramar”
como graciosa gacela.
Hombres de estampa dominante,
sin destino de galeras,
imprimen brío gigante,
a sus lanchas marineras”

A lancha “Manuela”, igualmente de Rianxo, tamén foi construída nos estaleiros de Abanqueiro, precisamente nese ano de 1929. Era propiedade de Galbán Tarrío, que a dedicará á pesca do xeito:

“Antes da guerra civil o vello Francisco Places (carpinteiro de ribeira) que traballaba no Chazo, fixera por encargo duns de Vilaxoán un barco que non rematara porque pasara o tempo e non volveran por alí. Un día veuno meu pai, Xosé Galbán Tarrío, gustoulle e tratouna en sesenta pesos. Non estaban feitas máis que as varengas. Desfíxose para traela a Rianxo e deixala en Socadío. Ao cabo do ano erguéronse as varengas e armouse o barco que había de ser bautizado co nome de “Manuela”

Os primeiros anos, entre outros motivos o das artimañas dos de Vilaxoán, non lograron alcanzar o primeiro premio en Vilagarcía. A causa dun temporal, a lancha sufriu estragos nas varengas, ocasión que o propietario aproveitou para, no taller de carpintería de Ramón “o Catoira”, poñerlle unhas dobres e novas, mellorando así a súa figura de cara ás regatas. Os remos, por indicación do contramestre Bemposta, foron alargados algo máis. Esas melloras e o brío dos remeiros e do seu novo patrón, Juanito “o Caramelo”, deu uns resultados extraordinarios a finais dos anos corenta, comezos dos cincuenta: cinco anos consecutivos gañando o primeiro premio, para desmoralización dos de Vilaxoán: “¡Vamos a tener que dejarles ganar alguna vez a los de Villajuán! O tendrán ellos que cambiar de táctica. Son muy científicos...”

Diciamos antes que as regatas de 1929 non tiveron o esplendor que as xentes esperaban. Os motivos foron as escaramuzas dos participantes, especialmente as efectuadas polos de Vilaxoán: a “Manuela” non gañou “porque as outras embarcacións apertárona contra o muelle de madeira que había daquela”. Se iso foi así, as de 1930 foron iguais ou peores.

Coma sempre, as regatas de 1930 eran esperadas e vividas por algúns pobos arousáns cunha intensidade enorme, incluso días antes da competición xa se notaba un certo nerviosismo entre os mariñeiros máis comprometidos, dada a rivalidade imperante.

“También las regatas que en dicho día (domingo) tendrán lugar han despertado viva expectación y sabemos que concurrirán embarcaciones de Rianjo, Leiro, Deiro y otros pueblecitos de la ría”

O ambiente era extraordinario. Véxase a fermosa crónica que J. “da Arousa” escribiu no mesmo día das regatas:

“Hoy celebra Villagarcía su mejor festejo. La fiesta del mar, de este mar de Arousa, cuyo marco es un milagro de fecundidad en artistas.
Las regatas son en Villagarcía lo que en otros pueblos los toros, el fútbol o el encuentro de dos campeones del boxeo. ¡Pero qué grandiosidad, la de esta plaza de arena líquida! ¡Qué maravilla de luz hay en la “cancha” donde se celebra este deporte recio, difícil y masculino! ¿Y cuánta más inteligencia, destreza y azos son precisos para saber buscar la ráfaga que ha de preñar la vela victoriosa o para manejar el remo de la trainera, que para marcar el gol o romper la mandíbula del mismo Paulino?
Sería preciso hacer de este deporte viril, algo más que un espectáculo festero. Haría falta que en todos los pueblos de beiramar existiesen sociedades que la fomentasen juntamente con la natación y sus derivados; mejor aun: hacer de los deportes marítimos una disciplina escolar.
Villagarcía, cuyas regatas marítimas constituyen desde hace muchos años un verdadero “suceso” deportivo gallego, debiera enfocar con cariño inteligente este aspecto de la educación física que, aunque no lo parezca, tiene un gran interés moral.
Pero mientras aguardamos una acción bien asenderada; en tanto no podamos aplaudir a los iniciadores que, con voluntad y prestigio suficientes, sepan rasgar con la proa del ideal las aguas estáticas de la indiferencia, preparémonos para ovacionar al vencedor de la contienda, épica como un torneo de caballeros y lírica, también, como la gota de emoción que temblará esta tarde en los ojos de la moza arousana novia del Ovante.
Y sean las albas palomas de tus manos, mujer del Salnés, las que lleven sobre la cabeza del púgil triunfador la corona verde y oro de pino y xesta florecida. Sean ellas las que escancien para todos, argos vencedores y nautas vencidos en buena lid, la ritual, la dulce, morna, y vivificante libación del enxebre néctar, del licor celta, del rojo espadeiro, “sangue do curazón da Nosa Terra”


En Rianxo notábase ben este feito, en especial cando tal competición cadraba cos festexos do San Roque local: a xente non acudía á procesión nin á verbena que se celebraba na explanada da Ribeira. A escuadra rianxeira collía rumbo a Vilagarcía: dornas, motoras, lanchas, galeóns.. aquilo semellaban as invasións normandas cara as Torres do Oeste.

Fiestas (Rianjo) Con menos esplendor que otros años se celebró la festividad de San Roque. Aunque la misa cantada a dos voces y acompañada de órgano resultó bastante solemne no así ocurrió con la procesión que se vio poco concurrida lo mismo que la verbena que tuvo lugar en la explanada de la Rivera, no obstante las bien afinadas piezas ejecutadas por nuestra brillante colectividad musical.
Débese seguramente esta escasez de concurrencia a la mucha gente que con motivo de las regatas, de que en otra ocasión trataremos, se ha trasladado a Villagarcía
(Faro de Vigo, 30-8-1930)

De entre as celebradas en 1930, interésanos describir aquelas que fan referencia ás lanchas de pesca de doce remos (tamén había, entre outras, de racús de catro e quince remos). Compiten a “María”, patroneada por Ramón Soto Rubianes; a “Lagarta”, patroneada por Juan Soto Losada; o “Carmelo”, patroneada por José Serantes, ambas de Vilaxoán; e a “Manuela”, de Rianxo, patroneada por Baldomero Cebreiro. Nesta ocasión o primeiro premio, consistente en 400 pesetas e unha copa (regalo da Comisión de Festas), adxudicóuselle á “Lagarta”, o segundo foi anulado por un incidente acaecido entre o “Carmelo” e a “Manuela” que deu como resultado a súa descualificación, e o terceiro, que constaba de 65 pesetas, concedéuselle á “María”.

Foi grande o xúbilo dos incondicionais da “Lagarta”, lancha que xa noutros anos acadara o primeiro premio, para desgusto dos seus veciños, os da “Carmelo”:

“Las regatas.-Ha causado gran júbilo entre los vecinos de la localidad (de Villajuán), el éxito obtenido por la lancha “La Lagarta”, que ya en distintos años había obtenido también el primer premio en las regatas que en el día de San Roque se celebran en Villagarcía.
En este año, la satisfacción fue mayor, porque le disputaba el premio la lancha “Carmelo”, que fue la vencedora en las últimas regatas”


Pero de novo a inxustiza cometida cos de Rianxo supuxo unha estela de contrariedades. El Pueblo Gallego así o recoñece, describindo á perfección ese abuso:

“Un caso de injusticia.-Es más que una escueta noticia deportiva.
Las regatas celebradas el pasado domingo en Villagarcía, las regatas de lanchas, han dejado una estela de disgusto entre unos bravos marineros de Rianjo. Llega a nosotros esta noticia por una voz donde el principio de justicia rige siempre el verbo.
¿Qué pasó en ese campeonato entre marineros, gente que aprendió del mar mismo a luchar con legalidad?
Compitieron cuatro lanchas, tres de Villajuán y una de Rianjo, la “Manuela”.
Entre una de Villajuán y el muelle marchaba la de Rianjo sin que la angostura de su zona le permitiese maniobrar libremente en caso de abordaje o “empache”. La lancha rianjera fue empachada por la que corría a su vera. Y entonces el patrón pidió con arreglo a ley se reanudase el certamen. Pero no se le hizo caso.
La lancha de Rianjo llegó la segunda, ganando el premio de esta categoría. Pero se le niega en virtud de falta: la misma que alegaba haber recibido el patrón de la “Manuela” interesando se reanudase la regata.
Como comentario solo pondremos este dilema:
¿Hubo “empache”? Pues había que reanudar el certamen, conforme es de ley en estos casos.
¿No hubo “empache? Pues entonces la lancha de Rianjo que llegó en segundo lugar, merece el segundo lugar, merece el segundo premio, que se le negó”

Insiste o mesmo xornal ao día seguinte:

“Acerca de una injusticia. En las regatas de Villagarcía.
Por un error de premura al tomar ayer la noticia en que se protestaba de una injusticia habida en las regatas de lanchas celebradas el domingo pasado en Villagarcía, queremos hoy poner las cosas en su lugar.
La lancha “Manuela”, de Rianjo, fue empachada por la embarcación que corría a su vera y no obstante la reclamación del patrón de Rianjo de que se reanudase el certamen, como es de ley, no se le hizo caso porque oficialmente, al parecer, “no se había visto nada”. La lancha de Rianjo se retiró. Pero al final de la prueba bien claro se vio el derecho de la “Manuela”, porque el tribunal no concedió el segundo premio a la embarcación que llegó en segundo lugar, la que “empachó” a la “Manuela”, por achacársele falta.
La falta, precisamente, de que se quejó el patrón de Rianjo.
Con esto queda en claro la verdad del asunto. Y sigue en pie la injusticia que se cometió”

Non só protestara o patrón señor Baldomero diante dos organizadores e do comandante da Mariña de Vilagarcía. Con el estaban o crego de Rianxo, Don José Benito Fariña, que nesa ocasión perdeu a compostura encarándose coa máxima autoridade marítima, xa que lle levantou o bastón no seu propio despacho, a onde fora presentar a reclamación. Igualmente acercáranse ata alí Sixto de Aguirre e Rafael Dieste. Este último tamén soltou a súa voz, como lle recordará a Marcial Romero, nunha carta datada en París o 14 de xaneiro de 1950:

“Entre las fotos que envías veo la de una lancha con remeros. Supongo que será la que ganó las regatas. Con eso me acordé de aquellas regatas famosas que estaban a punto de acabar en trampa y que yo, en compañía de Sixto, hice llevar a términos la justicia vociferando primero ante un ujier del casino de Villagarcía (que yo creí que era el Comandante), y luego ante el Comandante mismo. Por lo que me cuentan también de esta vez (en 1950) hubo coros nocturnos para celebrar, casa por casa, a los vencedores”

As consecuencias finais dese incidente foron drásticas, aínda que imaxinamos que no fondo deberon existir outros problemas. Suspendéronse as regatas marítimas e con elas non tardará en desaparecer o chamado “Día da Ría de Arousa”, que viña sendo unha irmandade en Vilagarcía de varios pobos arousáns e contaba coas simpatías de todos. Era un labor de aproximación das vilas que bañan as augas da ría de Arousa, por encima de todas as diferenzas, de estreitamento de lazos espirituais e de confraternización.

Nas festas de San Roque de 1932 (a pesares da excitación reinante en Vilagarcía con motivo dunhas desordes recentes, polas que o gobernador non autorizou a saída da procesión), o alcalde Elpidio Villaverde decide darlle un certo impulso ás boas relacións dos arousáns: á “Festa da Arousa” concorrerán os concellos de toda a ría en corporación, acompañados dunha embaixada especial: a representación “delicada y grata de la mujer arosana”. De Rianxo acoden as señoritas Encarnación Fuentes Iglesias e Lolita Iglesias Tubío. As regatas de lanchas do xeito quedarían para mellor ocasión.

Esa unión dos arousáns suspéndese en 1933. O día da “Ría de Arosa” terá que esperar para mellor ocasión: “Todo lo que tienda a estrechar los lazos entre Villagarcía y los demás pueblos de la ría de Arosa ha de merecer el apoyo de todos cuantos amen la grandeza de nuestra región, de nuestra Patria. Sólo relacionándose, en convivencia frecuente y cordial, se puede aspirar a que los afectos granen en amistad perenne y que las justas aspiraciones culminen en realidades tangibles”. O “aillamento é sempre estéril”:

“Esto no debe ser. Esto no puede ser. La celebración de El día de la ría de Arosa tiende a esa loable finalidad: Villagarcía, la hermana mayor, abre sus brazos cordiales a todas las demás hermanas arosanas. Y con el corazón palpitante de emoción, y la efusión sincera en la voz, en los ojos, en el alma les dice: “Bienvenidas seáis, hermanas, a vuestra casa.
Ese Día de la ría de Arosa hay que celebrarlo. Y repetirlo con la mayor frecuencia. Porque así es cómo los pueblos se hacen grandes. Porque así, en constante comunicación de afectos e intereses, es como se llega a soluciones viables y provechosas en todos los órdenes de la vida”

Os mariñeiros de varios pobos da Arousa entenderon en 1934, que non podían permanecer por máis tempo sen regatas. De tal xeito que insistirán diante da comisión de Festas vilagarcián para que fosen organizadas, ao menos con racús de doce a catorce remos. A comisión acepta pero non houbo tempo para que se celebraran o domingo 19 de agosto, así que acórdase aprazalas para o seguinte, día 26, ás catro da tarde:

“El Jurado se constituyó en el muelle de descarga, estando constituido por el subdelegado marítimo don José Malfei, el alcalde don Valentín Briones, el ingeniero de las Obras del Puerto don Rafael Arizcum, don Antonio G. Caamaño en representación del presidente de la Comisión de fiestas don Adolfo Llovo, don Manuel Rey Posse, miembro de la Comisión organizadora de la prueba, don Antonio de Andrés Torres, en representación del presidente del Club de Regatas don Wenceslao González Garra y representantes de los Pósitos de Pescadores de la Ría.
El señor Arizcum hizo entrega de 100 pesetas a la Comisión, acordándose con tal motivo crear varios terceros premios”


As regatas, que se celebraron en diversas modalidades (piraguas; racús a catro remos; bucetas a catro remos; xeitos ata doce remos; iolas tripuladas por afeccionados; racús a quince remos...), resultaron dunha brillantez excepcional e foron presenciadas por milleiros de persoas. Ao menos non houbo liortas. O resultado que máis nos interesa é o das lanchas xeiteiras a doce remos. Saen cinco e chegan por esta orde: “Carmela”, patroneada por Manuel Bouzas; “Carmen”, por Juan Soto; e “Manuela”, por José Galbán. Os premios acadados ascenderon a 500, 200 e 20 pesetas, respectivamente.

Para as regatas de 1935, o subdelegado da Mariña, Santos Díaz, prodigou certo entusiasmo, facendo unha “tenaz propaganda sobre este festival”, xunto coa comisión de Festas. Repartiron carteis anunciadores e crearon uns bos premios, o que deu lugar a que se inscribiran un número de lanchas importante, moi poucas veces vistas en anos anteriores. “Tan grande fue la cantidad de las que tomaron parte, pertenecientes a Pontevedra, Grove, Puebla, Isla, Ribeira, Palmeira, Villajuán, Carril, Villagarcía, etc. etc., que creímos necesario omitir nombres de cada una, extractándonos tan solo a las ganadoras, para no hacer interminable la relación”, comenta o correspondente de El Pueblo Gallego.

“Y a medida que la hora transcurría para el comienzo de las regatas, ver el aspecto imponente que ofrecía el muelle de hierro, Avenida de la Marina e inmediaciones, donde una compacta muchedumbre esperaba ansiosa la señal de salida para las embarcaciones que tomaron parte en tan interesantes pruebas. También numerosas lanchas, motoras, etc. formando dos largas filas a lo largo de la ruta marcada para las embarcaciones que iban tomar parte en las regatas, un apiñado gentío animó con sus gritos y aplausos a los bravos marineros que con el mayor ardor disputaron la conquista de los primeros premios. Haciendo cálculos por bajo de la muchedumbre que presenció nuestras regatas el pasado domingo, creemos no errar al afirmar pasaban de 6.000”

Desgraciadamente, outra vez a lancha “Carmelo” deu a nota desagradable. Despois de facerse boa a saída, dita embarcación, patroneada por Manuel Bouzas, e a “Carmen”, por Juan Soto, adiántanse ás demais. Cando a “Carmen” pretendía pasarlle á súa contrincante, a “Carmelo” crúzaselle para impedirlle o seu intento. O xurado, en vista da manobra antideportiva da “Carmelo”, toma a decisión de concederlle o segundo premio e o primeiro á súa adversaria: “Sin embargo el patrón del “Carmen” cede su premio consistente en 500 pesetas a su rival, quedándose con el segundo, de 200 pesetas”. Non hai dúbida, a amizade dos “veciños” fixo posible que as cousas non foran a maiores. A “Manuela” non aparece sinalada por ningún lado.
As regatas previstas para 1936 non se celebraron. A guerra civil impediuno. Volverán a celebrarse nos finais dos anos corenta, anos nos que a “Manuela” logrou os seus máis soados triunfos. Os grandes perdedores agora eran os de Vilaxoán.

lunes, 28 de septiembre de 2009

Algaradas (II)


Os días previos á revolución de outubro de 1934

Por Xosé Comoxo e Xesús Santos

Unha das preocupacións do Goberno da Segunda República nos comezos de setembro de 1934, eran as folgas xerais e as algaradas declaradas en diversas capitais. Segundo o ministro da Gobernación, a de Asturias neses intres non tiña fundamento algún de reivindicación, e só era un “torpe propósito de regular el ejercicio de los derechos del ciudadano por la violencia de directivas y sindicatos; es el afán de impresionar al pais ofreciéndole el espectáculo de que una orden basta para paralizar la vida de una ciudad”. Ante os acontecementos, a partir do día 15 de setembro, suspéndense toda clase de actos públicos, reunións e manifestacións.

O momento político era de verdadeira inestabilidade e un sector da poboación opinaba que era necesario un Goberno de coalición capaz de xuntar aos “elementos” necesarios para obter maioría parlamentaria e así intentar levar o temón da nación. A desorde pública nas rúas desbórdase nun sen fin de poboacións, especialmente en Cataluña, e o Goberno vese obrigado a firmar un Decreto declarando o estado de alarma. No Concello de Rianxo recíbese un bando do gobernador civil en tal sentido, que será dado a coñecer en todo o municipio.

Na provincia da Coruña, a dicir do gobernador civil, a orde pública era perfecta, e a vixilancia para controlar calquera intento subversivo, a debida: “la defensa de los intereses del régimen constituído y de la causa del orden está plenamente garantizada y la autoridad está suficientemente advertida de cuanto se trama”. A autoridade gobernativa non tardou en redactar un bando avisando da implantación do estado de alarma e, cando esa nota sae á rúa, xa os concelleiros rianxeiros deixaran de asistir ás sesións, e non por motivos da festividade de Guadalupe, que, dito de paso, non parecía estar no seu mellor momento, a pesar do interese da comisión de festexos, e incluso do propio Concello, que lles cedera a recadación municipal dos postos públicos.

Unha vez rematados os festexos, ten lugar un acto subversivo de pouco alcance. Un tal Serafín Cardama Diz “Velloso” (natural de Padrón e con residencia en Ribeira), de oficio panadeiro, dedicouse a repartir follas clandestinas provocando á rebelión. Días máis tarde, na noite do 24 ó 25 de setembro, un grupiño de mozos de Taragoña (entre eles, Inocente González Rey, José Romero Rial, Miguel Miguéns Villanustre e José Agrelo Tubío), encabezado por Cardama, recorreu varias tabernas, comendo e bebendo ata “encudarse”, feito que non tería importancia se non se dedicaran posteriormente a cortar o “alumbrado público y de conducción de energía de la fábrica de aserrar maderas de Manuel Escurís, entre otros, acompañado (Cardama) de sus agradecidos invitados”. O que máis inquietou á garda civil foron os gritos subversivos e outras barbaridades cometidas, que orixinaron a intranquilidade da veciñanza: “Todos fueron detenidos, a excepción del Cardama que desapareció y al que se busca activamente. Dióse cuenta de todo ello al Juzgado de instrucción”. Cardama será procesado o 10 de outubro, e o xulgado de Padrón ditará auto de prisión contra el.

A pesar de todo, as diversas comisións de festas do municipio non interrompen as súas algarabías festeiras. O 6 e 7 de outubro celébrase a do Rosario, con verbena e baile ata as 11 da noite; o mesmo que en Asados, a dos Dolores, durante o 13 e 14; posteriormente, Taragoña... Sen embargo, en Rianxo hai algúns presos nos baixos do Concello, que ben puideran ser os “revoltosos” de Taragoña (ao menos un deles estaba relacionado co estado de alarma existente no municipio). O alcalde e o tenente de alcalde, así como o secretario Sanluís Calvelo, apuran do Goberno Civil a licenza de armas.

Despois dun mes pechado o salón de sesións, os concelleiros rianxeiros reúnense o 1 de outubro. Na xuntanza sae a relucir o resultado da poxa das obras do cuartel da garda civil e da ponte da Laxe; recoñecen a necesidade de construír un grupo escolar na vila e adquirir locais onde instalar as escolas existentes no edificio da Benemérita; neste último aspecto, decídese habilitar os baixos do Concello para tal fin. Da crise do Goberno nacional e da delicada situación non se fai constancia. Os concelleiros estaban avisados polo gobernador de que non deliberaran nin tomaran “acuerdos sobre asuntos que no sean puramente administrativos, obligación de cuyo incumplimiento se harán responsables al alcalde y al secretario”. A revolución de Asturias estaba a punto de comezar, así como outros sucesos graves na vila. Por uns días cerrará de novo o salón de sesións.

viernes, 25 de septiembre de 2009

DON JOSÉ ARCOS MOLDES


IMPULSOR DAS SOCIEDADES CULTURAIS, AGRARIAS E MARIÑEIRAS DE RIANXO

Cando se estude en profundidade o asociacionismo, necesariamente haberá que facer referencia a un home que fixo canto foi posible, ao longo da súa vida, por implantar centros asociativos, tanto culturais como de resistencia obreira, coa fin de mitigar, dalgunha maneira, a incultura existente e buscarlle solucións á fame imperante. Trátase de Don José Arcos Moldes. Non faremos alusión a todos os centros nos que interveu, pero si aos de máis importancia. A primeira sociedade que fundou leva o nome de “Bretón” (1894), e estaba destinada a promover a instrución e a cultura dos asociados, coa fin de preparalos “para las luchas honradas de la vida”. Arcos figura como presidente da “Asociación de marineros y productores en general de la villa de Rianjo” en 1901-1902, instituída para fomentar a “exportación a los mercados del interior del pescado en fresco”, e para tratar, por parte dos asociados, de fundar unha fábrica de salgadeira como primeiro paso no camiño industrial a seguir. En 1913 crea e preside, xunto con Castelao, Cándido González, Rañó Alcalde, Rafael Iglesias, Jesús Lojo, e 27 persoas máis, a sociedade “Pro-Cultura” coa finalidade fundamental de instruír aos socios, fomentar as belas artes (especialmente a música: pensaban crear un grupo orfeón, un orquestral e un de declamación) e estreitar vínculos de fraternidade cos “fillos de Rianjo” emigrados na República Argentina:

“Los socios más instruídos se obligan a enseñar gratuítamente la lectura y escritura de nuestro idioma, las operaciones elementales de la Aritmética, el sistema métrico-decimal de medidas, pesas y monedas, nociones de Geografía, Historia, Economía, Agricultura, Higiene, etc. a aquellas que carezcan de los mencionados conocimientos, hasta conseguir que ningún asociado deje de poseerlos, siquiera en el grado elemental al transcurrir un año desde su ingreso en la sociedad”

A finais de 1915 nace “Unión Pinera Marítima” (da que Arcos será presidente honorario), para mellorar aos asociados (“patrones examinados de tráfico, vecinos de los ayuntamientos de Boiro y Rianjo”) economicamente e humanizar o seu traballo. A U.P.M. é sucesora das sociedades “Arosana de Tráfico Marítimo” e “La Marina”, que foran as iniciadoras do tráfico marítimo de mercancías na ría de Arousa. Estaba integrada por 82 embarcacións, tripuladas por cerca de 500 homes, dedicadas ao carrexo de madeira desde varios puntos da ría ata o porto de Vilagarcía, desde onde se exportarían a diversos lugares. En 1916, debido á folga obreira acaecida en toda a ría de Arousa, esta sociedade acadará un destacado protagonismo, especialmente no porto de Vilagarcía, na que actuou moi enerxicamente. Unha vez disolvida a sociedade, en abril de 1916, nace coa mesma misión “Nueva Pinera Marítima”, que organizará por primeira vez en Rianxo, en 1917, a Festa do Traballo, con bombas e música polas rúas que, a dicir das crónicas dos xornais, fixeron o día moi agradable (non faltou a redacción dun manifesto dirixido ao alcalde no que “los obreros pedían el abaratamiento de las subsistencias y la iniciativa de obras públicas”). Dous anos despois, o “jefe político Don Manuel Viturro” ofrécelle á sociedade “vender el maíz a un precio algo más bajo del corriente y tratando de que no vaya a parar a manos de acaparadores como sucedió en años anteriores”. En 1920 a exportación de madeira sofre un parón alarmante debido á prohibición desa actividade, o que provoca conflitos moi graves en Vilagarcía, onde se declarou folga xeral. Durante os disturbios, Marcelino Herbón, presidente da sociedade, foi ferido nun brazo dunha sabrada.

Como resultado da celebración da Festa do Traballo en 1917, formouse a sociedade obreira de oficios varios “Unión Obrera del distrito de Rianjo” (Arcos foi presidente honorario), co ánimo de mellorar as condicións de traballo dos asociados e a súa instrución, e establecer o socorro mutuo entre eles. Esta sociedade desenrolou un labor interesante no referente ás subsistencias, denunciando ante as autoridades locais a saída do peixe e do leite da vila, sen que o pobo estivese abastecido; incluso organizou festivais como medio de “aliviar algo la triste situación de varios pobres”. Será disolvida, en virtude de dilixencias da alcaldía, o 25 de maio de 1923.

Non quixeramos esquecernos da sociedade de socorros mutuos “La Unión Rianjesa”, creada en 1905 por Varela Abades, e coa que Arcos non tivo nada que ver. As diferenzas políticas entre conservadores e liberais non tardarán en nacer, e os dous eran contrarios.

O labor que comezara Arcos Moldes verase continuado durante os anos posteriores, coa creación de novas asociacións nas que xa non influirá directamente. Agora son outros os que se encargan desa cuestión, converténdose el en asesor na maioría dos casos.

Na parroquia de Santa María de Leiro fúndase en outubro de 1915 a sociedade de instrución e recreo “Recreo Leirense”, baixo a presidencia de Severiano Ferreirós Cerqueiras, con sede social no lugar de Rañó, 54. Con motivo da inauguración da asociación, celebraron un baile o día 31, durante o que se produzo a primeira sorpresa desagradable. Unha parella da Garda Civil prohibiu o acontecemento, a pesares de que este tipo de actos estaban reflectidos no regulamento aprobado o 18 de outubro polo Gobernador. As queixas por parte dos socios dirixidas á máxima autoridade gobernativa non se fixeron esperar:

“Es verdaderamente lamentable que algunos mal avenidos con la prosperidad y cultura de la localidad en que viven traten de oponerse a las lícitas y decorosas expansiones de la juventud y en cambio no muestren la menor repugnancia a que sus hijos concurran a las romerías, semilleros, por lo general, de pendencias y escándalos”

Unha vez disolvida a sociedade, nacerá “El Nuevo Recreo” en 1924, agora coa sede social na casa do seu organizador, Pedro Rodríguez, no lugar de Rial. Os fins que perseguían eran os seguintes: celebrar conferencias sobre agricultura, aforro e antialcohólismo, así como fomentar a riqueza forestal, principalmente.

En 1919 xermina a idea do Inspector Provincial de Hixiene Pecuaria, Don Juan Rof Codina, de fundar o Sindicato Agrícola de Asados, que será presidido por Francisco Rodríguez. No mesmo ano establecíase a sociedade “Acción”, da que era presidente Cándido González (no mes de agosto o cargo pasará ao farmacéutico Eugenio Bermúdez), para fomentar a creación de sindicatos obreiros de pesca e agrícolas, propagar o uso do idioma rexional e cooperar no beneficio do municipio. Durante o seu primeiro ano de traballo, “Acción” levou a cabo unha campaña importante a favor do abaratamento das subsistencias na vila. Os asociados recoñecerán de forma escrita o labor desenrolado polo prestixioso médico Don Angel Baltar, no seu coidado de varios enfermos rianxeiros durante a epidemia gripal de 1918. Na súa contestación ao agradecemento, deixará claro que “nada en rigor he hecho que no sea el cumplimiento de un elemental deber en el ejercicio de mi profesión, que debe tomarse como verdadero sacerdocio”. A asociación será disolvida, ao igual que a “Unión Obrera”, por orde da alcaldía en xuño de 1923.

Tamén nace en xuño de 1919 o “Pósito de Pescadores de Rianjo”, presidido por Luís Rodríguez Losada, coa fin de procurar “bien estar e instrucción del pescador”. O local social estaba na rúa Ancha n. 7 (en novembro pasan ao domicilio “que da frente a la Rivera, correspondiente a la casa señalada con el número 1 de la calle de Abajo de esta villa”). O regulamento, escrito a man, ten data do 25 de xuño e del entresacamos que a sociedade estaba dividida en cinco seccións: socorros mutuos, caixa de préstamos, venta de produtos da pesca, cooperativa e montepío.

Art.1) Esta sociedad persigue el aumento del bienestar e ilustración del pescador, con exclusión de cualquier otra finalidad.
Art.2) Organizar convenientemente la venta de los productos de la pesca; procurar a los pescadores asociados, con muy módico interés, las cantidades que precisen para la conservación y entretenimiento de sus embarcaciones y artes; facilitar la compra de todos los efectos que para ello haya menester en condiciones garantizadas de precio y calidad, y por último, procurarles socorros en su vejez e invalidez”

O 13 de xullo de 1919 reúnese no domicilio de “Acción” un número importante de mariñeiros, presididos polo Comandante de Mariña de Vilagarcía, co obxecto de “constituír la sociedad”. Unha vez lido o regulamento inscríbense como socias 150 persoas. Outros membros directivos, ademais do presidente Luís Rodríguez, eran Ramón Vicente, vicepresidente; Benito Fachado, secretario; Manuel Miguéns, vicesecretario; Vicente Sobradelo, tesoureiro; Fernando Alcalde, contador; vocais, Antonio Ramos, Manuel Figueira, Juan Collazo e Juan Domínguez. Así mesmo, existía unha xunta protectora que presidía o Comandante de Mariña. Como vocais da mesma vemos a Don José Arcos Moldes e Cándido C. González, pola sociedade “Acción” e por “Nueva Pinera Marítima”, a Serafín Rodríguez e Manuel Comojo.

En 1920 o Pósito logra a creación dunha escola de coñecementos xerais e de ensinanzas para a obtención do título de patrón de pesca. Segundo Arcos Moldes, este novo centro de cultura débeselle ao Comandante de Mariña de Vilagarcía e “al entusiasta Presidente de este Pósito, Luís Rodríguez Losada, eficazmente secundado, para la consecución de fin tan loable, por las Juntas de Gobierno y Protectora de la benemérita institución”. A escola era gratuíta, xa que estaba subvencionada pola Caixa de Crédito Marítimo.

En xullo de 1922 preséntase, para a súa aprobación, un novo regulamento de 40 páxinas diante do Gobernador Civil, esta vez impreso en Vilagarcía (Tipografía de Galicia Nueva) e datado o 3 de abril. Segue na presidencia Luís Rodríguez Losada. Asinan o documento Eusebio Lojo, Ramón Bravo, José R. Iglesias, Manuel Figueira, José Beltrán, Cesáreo Losada, Ramón Pedreira, José Lesende e Manuel Figueira.

Segundo o artigo 1º do capítulo primeiro o Pósito de pescadores de Rianxo: “es una asociación cooperativa de pescadores, que persigue la completa redención de dicha clase, extendiendo la cultura entre sus asociados; estableciendo en su favor los distintos seguros sociales y explotando, sin el auxilio de intermediarios, la industria pesquera”. É allea a toda idea política e relixiosa e non ten ánimo de lucro. Os obxectivos próximos eran “organizar convenientemente la venta de los productos de la pesca de sus asociados. Adquirir embarcaciones y artes, para la explotación por la asociación de la industria pesquera. Procurar a sus asociados, con muy módico interés, las cantidades que precisen para el ejercicio de la industria pesquera. Facilitarles la compra de todos los efectos y artículos necesarios para su vida profesional y privada en condiciones garantizadas de precio y calidad. Establecer entre ellos los distintos seguros sociales. Aumentar su cultura general y profesional y organizar convenientemente la exportación y manipulación de los productos de la pesca”.

Os beneficios que producira o funcionamento de calquera das seccións destinaranse ao sostemento e desenrolo do Pósito e a fins de previsión a favor dos asociados.

Non tardará en poñerse á fronte da presidencia Don Mariano Rodríguez Dios, xunto co secretario da entidade, Cesáreo Losada. Foi en maio de 1923. En abril de 1925, por acordo unánime da xunta xeral, o Pósito compra unha casa de planta baixa, chamada “Lagares” propiedade de Dona Hermógenes Constenla Seijo (viúva de Manuel Vieira Saavedra), situada na Ribeira, “de ignorada extensión superficial”, limitando coa rúa do Muelle, Ribeiramar e calexón da “Rabaleira”, por 3000 pesetas. Pronto comezará a construírse nese mesmo lugar unha nova sede social. Fíxose de planta baixa e, en 1927, reconstrúese coa fin de darlle un alto para instalar nel unha escola de nenos dependente da sociedade.

A finais de 1928 figura exercendo a presidencia Juan Ordóñez Ces, así como outra nova xunta directiva formada por Francisco Lorenzo Teijeiro como vicepresidente; tesoureiro sería Juan Piñeiro; vocais, José Ramon Iglesias, Manuel Figueira, Juan Vicente e Manuel Comojo; vicesecretario, Domingo Vicente Lesende. Como secretario aparece o mestre Don Antonio Cerdá Alemany.

Coincidindo coa apertura do curso escolar de 1928, as “forzas vivas” da vila acércanse ata o novo local do Pósito, precedidas de numeroso público e aos acordes da banda de música da localidade (dirixida por José Rodríguez “Pepito o Requinto”), coa fin de inaugurar este centro de ensinanza. O crego Fariña efectuou a bendición solemne do local e, a requirimento dos amigos, falarán o mestre Cerdá Alemany e o secretario do concello, Arturo Noguerol Buján, sendo ambos moi aplaudidos. Como resultado, o acto será catalogado como o máis “emocionante y culto de cuantos se han celebrado en este pueblo”.

Neste punto convén botarlle unha ollada a algúns artigos do regulamento especial da sección cultural da sociedade:

“Esta sección tiene por objeto, el aumento de cultura de los asociados, para lo que ejercerá sobre ellos una constante acción moral y educadora, organizando conferencias, lecturas, proyecciones, sesiones cinematográficas, conciertos, etc. y estableciendo clases de conocimientos generales y profesionales para los asociados y su hijos, y cursos prácticos de remiendos y confección de redes, cabullería y demás, para sus mujeres e hijas.
Tendrán además a su cargo, la biblioteca y la dirección y administración de los servicios de café, restaurant, diversiones, etc.
Durante todo el año se darán cursos de enseñanzas generales, destinadas a los hijos de ambos sexos, de los asociados.
Estas enseñanzas tendrán igual extensión que las procuradas en las escuelas nacionales.
Semestralmente y ante el Inspector se examinará a los alumnos, concediéndose premios a los más aventajados.
En las épocas en que las pesqueras dejan tiempo libre a los pescadores, se organizarán clases de enseñanzas a los pescadores, se organizarán clases de enseñanzas generales y profesionales para ellos, en las que se destinará por lo menos media hora diaria a la explicación de cuestiones profesionales, principalmente de las relativas a artes o sistemas de pesca, que signifiquen un progreso local en el ejercicio de dicha industria.
Se recomienda a los asociados de mayor edad, su asistencia a estas enseñanzas, no solo con el fin de coadyuvar con su práctica a la mayor eficacia de ellas, sino también para que sirviendo de ejemplo a todos los demás, concurran a la clase en el mayor número posible”

Nos comezos de setembro de 1930 visita o Pósito o fundador de “tan beneficiosas instituciones” Don Alfredo Saralegui. Reinaba no mariñeiro unha certa sospeita sobre o mal emprego dos fondos da sociedade desde facía algún tempo. Segundo o xornalista do Faro de Vigo: “Pronto se ha dado cuenta del ambiente de desconfianza y falta de interés colectivo que reina en sus reducidos socios a pesar del interés y entusiasmo de su actual Junta directiva”

“Después de pronunciar unas elocuentes palabras encaminadas a levantar el ánimo de los sufridos marineros, doblemente desconfiados ante la serie de inusitados desengaños sufridos desde el nacimiento del mal engendrado Pósito rianjés, prometió solemnemente, para satisfacción de todos, que en breve mandaría persona técnica que descifrara el discutido enigma del empleo de las pesetas desde que empezó la vida oficial de este Pósito”

Esas críticas do xornalista, non sentaron ben nas dependencias do Pósito. As diferenzas aumentaron cando en ton alarmista sacou na prensa as supostas folgas dos mariñeiros debidas ao prezo baixo do berberecho. Os membros do Pósito tiveron que dar a súa versión nos xornais, porque esas “fantasías” do correspondente, podían confundir ás Autoridades da Mariña. Desencamiñado parece que non ía o Faro de Vigo en canto ás anormalidades nos fondos da sociedade. A promesa de Saralegui cumpriuse, en maio de 1931, achégase a Rianxo en visita extraordinaria o inspector costeiro de Pósitos (e presidente da Confederación de Pósitos das rías) Don José Costa, para ver esas posibles anomalías contables, dado os supostos “despilfarros” nos que se viña incorrendo. O problema máis grave radicaba en que o Pósito funcionaba aparentemente con dúas xuntas directivas, dalgunha maneira enfrontadas: eran dous focos ou viveiros de rifas e malquerenzas, en evidente oposición aos verdadeiros fins deste tipo de establecementos. O inspector costeiro, parece que marchou decepcionado polo endiañado ambiente reinante.

Meses despois, en agosto de 1931, Don José Costa, xunto co comandante da Mariña de Vilagarcía, Boffil, de novo reúnense cos mariñeiros para suavizar asperezas e procurar a unión de todos.

Reunión en el Pósito Pescador
Bajo la presidencia del digno comandante de Marina, señor Boffil y con la asistencia del inspector de las Rías Bajas don José Costas, se ha celebrado una reunión en dicho Centro marinero. Tenía ésta por objeto suavizar asperezas y rencillas entre los marineros y procurar la unión y fraternal amistad que debe reinar entre hermanos de trabajo tan aventurado y rudo, pero parece ser que las dificultades para tan simpático fin se acrecentan, acaso alentados por ajenos a la labor marinera
(Faro de Vigo, 26-8-1931)

Esas diferenzas, como se ve pola noticia do Faro, acrecentáronse. Os grupos alleos ao mar, saíron coa súa. As rifas quedaron patentes durante a celebración da procesión marítima da Virxe de Guadalupe, en setembro, na que, inexplicablemente, houbo bastante abstención de barcos na procesión.

Á asemblea de Pósitos Marítimos de Galicia, celebrada en Santiago en agosto de 1932, na que se tomaron interesantes acordos para os asociados referidos a cultura, seguros sociais, venta directa do peixe, cooperativas de consumo, etcétera, non asistiu ningunha representación de Rianxo, si o fixo o Pósito de Taragoña. Os rianxeiros parece que estaban illados debido ás discrepancias.
Coa chegada da Guerra Civil interrómpese a actividade do Pósito, “con grave perjuicio de la clase marinera”.

A comezos de marzo de 1940, rematada a contenda bélica, figura como secretario da entidade o mestre de Orientación Marítima, José Peón Martínez. Nesas datas a xente do mar será convocada no local da sociedade coa fin de “reorganizar el Pósito por hallarse interrumpido en sus funciones”. Á xuntanza asiste como “vixiante” do acto, Alfonso González Tarrío, que exerce de Delegado local da Autoridade Gobernativa. Nese intre noméase aos compoñentes da xunta directiva, quedando configurada da seguinte maneira:

Presidente: José Mª Figueira Vicente.
Vicepresidente: Francisco Noya Neira.
Tesoureiro: Domingo Vicente Tarrío.
Contador: Baldomero Cebreiro Vicente.
Vocais: José Torres Rey e José Abuín Losada.
Secretario: José Peón.
Suplente: Elisardo Rodríguez Alcalde.

Segundo os informes de rigor, todos os elixidos, salvo dous, mantiñan unha irreprochable conduta no aspecto político, xa que son considerados “afectos al Glorioso Movimiento Nacional y no hay antecedentes de que pertenecieran a ningún partido ni sindicato de extrema izquierda”. Había dúas excepcións, segundo a Garda Civil, o tesoureiro Domingo Vicente Tarrío, “que fue gran entusiasta del Partido Galleguista, habiendo desempeñado el cargo de concejal durante una época de la República representando a este partido”, e o secretario suplente Elisardo Rodríguez Alcalde, “que si bien no fue concejal, también fue elemento activo del mencionado partido; por lo que agrega dicha clase no considera de confianza a estos dos individuos, para desempeñar el cargo para el que fueron propuestos”. A nota, escrita a man, que aparece a un lado do texto é contundente:

“Oficio al Alcalde para que notifique a la Sociedad que tiene que cesar Domingo Vicente Tarrio y Elisardo Rodríguez”

En novembro de 1941, cando o Pósito levaba sen funcionar desde marzo de 1940, “motivo por el cual quedaron sus funciones en suspenso”, un grupo de mariñeiros, “en vista de órdenes superiores”, e dada a necesidade que tiñan de reorganizarse, recorren ao Gobernador mediante carta asinada por Francisco Noya Figueira, para que lles aprobe o nomeamento duns novos directivos. Entre eles figura, Antonio Sobradelo Ordóñez, como tesoureiro, e Luis Noya Comojo, vicesecretario.

A comezos de 1920 fúndase en Taragoña a asociación “Sociedad Taragoñesa” co obxectivo de “proporcionar una activa vigilancia a todas las fincas en ella inscriptas, para la custodia de todos sus productos”. A tal efecto nomearán un garda-xurado “el cual queda obligado (...) a recorrer todos los días las fincas sometidas a la vigilancia, desde el amanecer hasta el anochecer, provisto de arma y autorización reglamentarias”

jueves, 24 de septiembre de 2009

Algaradas (I)


Algaradas en Rianxo durante a
Segunda República (I)
Por Xosé Comoxo

En abril de 1931, despois de que Sixto de Aguirre se presentara no Concello de Rianxo como Delegado do Gobernador Civil para tratar de resolver un “expediente electoral” motivado polas queixas e reclamacións formuladas perante o Gobernador, houbo un período de transición, durante o que se prepararon as eleccións consistoriais, a celebrar o 31 de maio. É o momento no que se crean na vila os centros Republicano Radical Socialista e o Republicano Federal.

Nas eleccións, segundo datos publicados en La Voz de Galicia, o resultado provisional, a falta de datos dun distrito, foi o seguinte: 6 concelleiros federais e 8 da F.R.G. O resultado final, unha vez rematado o escrutinio no distrito pendente (Taragoña), os radicais socialistas, do médico taragoñés Miguel Rodríguez Segade, duplicaron en concelleiros aos federais, non valéndolles de nada a maioría absoluta que acadaran na vila (primeiro distrito).

Os federais non dixeriron ben o resultado. A partir do 8 de xuño, comezarán certos desordes públicos en Rianxo. Algúns compoñentes do bando perdedor idearon apoderarse das chaves do Consistorio para evitar a toma de posesión dos elixidos. A Garda Civil de Padrón viuse obrigada a concentrar tropas na vila durante quince días, “para evitar ataques a la gente y a la propiedad”.

O 23 de xuño constitúese o novo concello, saíndo nomeado alcalde Miguel Rodríguez Segade, quen non atopará apoio algún nos seus labores diarios dentro do Consistorio por parte da oposición federal, incluso con denuncias diante do Gobernador por motivos diversos.

Ao día seguinte da toma de posesión, “se organizaron manifestaciones dando gritos contra las autoridades y determinadas personas”, que non terían importancia de non facer acto de presenza a Garda Civil. Era a noite de San Xoán cando a mocidade tiña costume de saír a cantar, como así fixeron. A versión oficial fala de que daban “gritos alusivos a las Autoridades”, xa que se deixaran arrastrar por suicidas consellos, segundo Faro de Vigo. O tenente da Garda Civil invitounos de malos modos a disolverse, sen éxito; incluso foi obxecto de burlas, reaccionando con prepotencia: “¡todo el mundo fuera de aquí...!”. O xentío escapou, meténdose onde podían, algúns na casa-taberna de Carme Pérez. A luz do pobo foi apagada o que permitiu o lanzamento de gran cantidade de pedras contra as forzas da Benemérita, ao tempo que soaban un sen fin de blasfemias: “Empezaron insultando a la Guardia Civil de palabra llamándoles cobardes, hijos de puta, me cago en vuestras madres y a continuación quedó todo en silencio empezando una lluvian de piedras saliendo alguna de ellas de una ventana de casa de Carmen Pérez que se veía la abrían de momento en momento y otras salían de la calle de la Fuente de donde también salían los insultos a la Guardia Civil”.

Os máis revoltosos non foron recoñecidos, pero tampouco era tarefa difícil intuír os nomes. Comezou o proceso ao que seguiu a entrada de varios mozos no cárcere de Padrón. Saen en liberdade provisional días despois, xa que o Auditor de Guerra non atopou cargos suficientes para telos legalmente no cárcere.

Neses días, o correspondente de Faro de Vigo en Rianxo, escribe o seguinte: “Ojalá que los improcedentes sucesos ocurridos en esta villa con motivo de las últimas elecciones y nacidos de una libertad utópica, mal entendida y peor enseñada por quienes tienen obligación de saber que al hacerlo así han traicionado sus propias conciencias, no traiga más dolorosas consecuencias y sirvan solamente de provechosa enseñanza, en lo sucesivo, a quienes ignorantemente se dejaron arrastrar por suicidas consejos”.

Haberá novos interrogatorios e o 29 de xullo son citados, entre outros, os irmáns “Insua”. Un deles, José Losada Castelao, dirá na súa defensa o seguinte: “Que estando en la Alameda se enteró de lo ocurrido por lo que se marchó a casa de Carmen Pérez donde encontró una gran cantidad de gente en su mayoría mujeres que hacían comentarios del mal proceder de la Guardia Civil. Que pernoctó en casa de la citada Carmen hasta el día veinticinco en compañía de su hermano Manuel. Que oyó caer piedras y al observar de donde salían vio que de una ventana que tiene en la bohardilla José Lesende partían algunas de estas pero que no todas salían de allí. Que cree promotores del motín a la G.C. por haber disuelto a culatazos a los grupos que cantaban”.

O proceso continúa ata o mes de setembro, sendo suspendida a causa ao entender o Auditor de Guerra que os feitos podían ser encadrados nun “específico género de delincuencia colectiva, de difícil investigación para hallar las personas verdaderamente responsables”.