martes, 11 de octubre de 2011

AS ESCULTURAS DE NUCO SAEN DE RIANXIÑO

Xosé Comoxo

Efectivamente, algunhas esculturas do rianxeiro NUCO, que el conserva no seu Museo de Rianxiño, van ser levadas ao Porto do Son, para ser expostas ao público na Casa de Cultura daquela entrañable vila mariñeira, desde o venres, 14 de outubro, a partir das 20,30 horas.

Alí nos encontraremos algúns amigos rianxeiros, e foráneos, para acompañar a NUCO nesta súa inauguración, e, como ben di o autor, serán bos momentos para conversar. Sen dúbida, todo “ten boa pinta”. Nesta ocasión e por motivos de transporte e escaseza de tarimas, NUCO exporá figuras máis ben miúdas, da súa última produción.

Está contento de que a mostra caia no outono, e recoméndame que, no caso de facer algún día unha exposición de pintura, o faga tamén neste tempo. Curiosamente, Nuco está a pensar en que así os rapaces das escolas, e como non o mundo da cultura, están máis activos e posiblemente terán máis ocasións para acercarse ata a Casa de Cultura de Porto do Son; "para os veraneantes, o verán é para ir á praia, e non se pode pensar nelas á hora de preparar unha mostra artística". Como se ve, NUCO está máis preocupado polas visitas dos rapaces, que nas posibles vendas... Sen dúbida, na xuventude está o futuro, e non só o da escultura, tamén o da pintura, e así o recoñece o amigo escultor.

Saúdos e sorte.

1 comentario:

  1. Hola Teatro Airiños:
    El taller de teatro Clámide (www.clamide.com) actúa el sábado 22 de octubre a las 21:00h en a Illa de Arousa (Pontevedra) con la obra "Cuatro corazones con freno y marcha atrás" de Jardiel Poncela por si os interesa ir a verla, ya que es una version diferente a la vuestra.
    Un saludo.
    Y gracias por acercar el teatro a la gente!

    ResponderEliminar