domingo, 23 de octubre de 2011

FAUSTINO REY ROMERO: ¡SPES NOSTRA, SALVE!

Por Xosé Comoxo

Cando Faustino escribe esta poesía (¡SPES NOSTRA, SALVE!) , contaba con 19 anos, e dende a súa parroquia de Isorna-Rianxo, comezaba a enviar pequenos traballos á prensa de Compostela; por exemplo "Con flores a María" (ademais da poesía). Nesas datas lía aos máis insignes mestres da fala; por exemplo ao ilustre José Lesta Meis, e a súa obra "Manecho o da rúa". Son intres nos que se preguntaba "¿Por qué yo, como el héroe de la novela, no correspondía a mi vocación literaria? ¿para qué leí lo más granado de nuestra literatura castellana y gallega?, chegando á conclusión de que lendo aos mestres ía sacar en limpo, "amén de otros provechos, el de una esmerada y primorosa formación literaria". No medio desas cavilacións, intentará buscar un tema para acometelo, "pluma en ristre". É aquí a orixe da súa primeira publicación en prosa, "puesto que en verso ya publiqué otra de reducidas dimensiones, titulada "Un día de Difuntos":

"María, madre mía: Yo te pido que protejas a España y a toda la humanidad y a mí me lleves de la mano en mi peregrinación por este valle de lágrimas.
Te hago asimismo ofrenda de mi pluma al consagrarte mi primera publicación, y hoy, oh madre mía, que antes de que escriba una sola línea contra la religión católica, apostólica y romana, a la que me honro en pertenecer, que se seque mi brazo derecho y el cerebro que diete tamaños dislates”


¡SPES NOSTRA, SALVE!

Dalle, ouh Deus, a iste meu inteleuto
un chisquiño da túa sabencia;
fai que a musa se mostre ispirada
pra gabanza da túa Nai Tenra.
N'os meus beizos ponme
dolcísemas pregas,
para que a cotío,
dend'e eiquí d'a terra
ll'as mande aló ó Ceo
onde a muller bélida
compracida m'escoita y'en troques
un asento n'a Groria me dea.
Os que camiñanos
envoltos n'a brétema
de mouras tristuras,
de coitas e penas,
coal potente faro,
Virxen, alumea.
Á veira d'o leito
n'a hora derradeira,
garimosa dirásll'o doente
qu'a dór amarguea,
en eterna dita,
en ventura eterna,
n'o Ceu trocarase
onde se acha inteira,
pois eiquí sempre está misturada
de bágoas, de penas...
...

Spes Nostra, Salve!
Salva ós fillos d'Eva!

Faustino Rey Romero, 1940

martes, 11 de octubre de 2011

AS ESCULTURAS DE NUCO SAEN DE RIANXIÑO

Xosé Comoxo

Efectivamente, algunhas esculturas do rianxeiro NUCO, que el conserva no seu Museo de Rianxiño, van ser levadas ao Porto do Son, para ser expostas ao público na Casa de Cultura daquela entrañable vila mariñeira, desde o venres, 14 de outubro, a partir das 20,30 horas.

Alí nos encontraremos algúns amigos rianxeiros, e foráneos, para acompañar a NUCO nesta súa inauguración, e, como ben di o autor, serán bos momentos para conversar. Sen dúbida, todo “ten boa pinta”. Nesta ocasión e por motivos de transporte e escaseza de tarimas, NUCO exporá figuras máis ben miúdas, da súa última produción.

Está contento de que a mostra caia no outono, e recoméndame que, no caso de facer algún día unha exposición de pintura, o faga tamén neste tempo. Curiosamente, Nuco está a pensar en que así os rapaces das escolas, e como non o mundo da cultura, están máis activos e posiblemente terán máis ocasións para acercarse ata a Casa de Cultura de Porto do Son; "para os veraneantes, o verán é para ir á praia, e non se pode pensar nelas á hora de preparar unha mostra artística". Como se ve, NUCO está máis preocupado polas visitas dos rapaces, que nas posibles vendas... Sen dúbida, na xuventude está o futuro, e non só o da escultura, tamén o da pintura, e así o recoñece o amigo escultor.

Saúdos e sorte.