martes, 25 de diciembre de 2012

O RIANXO INDELEBEL: FONTE DO CAMPO


Xosé Manuel Romero

             FONTE DO CAMPO


Antiga Fonte do Campo ergueita e señorial,
inesgotable fervenza da nai dos manantiais,
catro canos espallando auga os puntos cardinais,
catro augas diferentes refrescándome o padal
nun simétrico pilón de perpiaño hexagonal,
as do sur madrugadoras, as do leste estivais,
as do norte marusías, as do oeste nocturnais,
auga que flúe das entranas do Rianxo inmemorial

Non é insípida auga que esmorece nos padais
nin invisible ringleira na alameda municipal,
tampouco ten seu arrecendo, indiferenza nasal,
ten o enxebre sabor dos rianxeiros xeniais,
a Arousa dálle aromas das algas e dos areais
e o Barbanza ponlle as cores do alecrín e o pinal,
eterna Fonte do Campo, ergueita e señorial,
mesma auga que beberon os parentes ancestrais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada