domingo, 1 de junio de 2014

GUERRA DA INDEPENDENCIA: O ARCEBISPO MÚZQUIZ FUXE DESDE A RÍA DE AROUSA. RIANXO PUBLICABA UN BANDO PARA CONSERVAR A TRANQUILIDADE VECIÑAL

 Xosé Comoxo-Xesús Santos


            O 13 de xaneiro de 1809, en Santiago decidiron poñer un bando “noticiando hallarse cercano” o
exército francés. Segundo o comunicado, a veciñanza debía evitar toda extorsión, e sairía a recibilos en paz unha Deputación de persoas de primeira “distinción del Pueblo”. A plana maior francesa debían aloxala “a donde mejor combenga”; e a tropa nos cuarteis, colexios e conventos da cidade.
            Capitulada Coruña, os invasores colleron dirección Santiago. O nerviosismo da veciñanza de Compostela era patente. Tamén acontecía en Rianxo, onde publicaban un bando para tratar de conservar a tranquilidade; os veciños non podían andar en grupos e as tabernas pecharían ás 8 da tarde.
            A noticia segura da toma de Santiago chegou na mañá do 17. Tróuxoa a Rianxo Caetano de la Iglesia. Ao efecto, desde o Concello enviaban ao escribán Pedro Dieste a informarse á capital. Non deu chegado: "en todo el camino y con especialidad desde la Esclavitud para delante hallé noticias y datos ciertos y seguros de que en la mañana de hoy entraran en Santiago los franceses”.
            A todo isto, o arcebispo Rafael de Múzquiz y Aldunate fuxira. O Congreso de Notables, ao mando do alcalde afrancesado Fraguío, tratou de que volvera; o arcebispo, desde o seu suposto paradoiro de San Pedro de Muro, manifestáballe, o 5 de febreiro, que estaba indisposto. Ese mesmo día, o Congreso enviou ordes as xustizas das vilas e portos para que indagaran o seu paradoiro “pues ha corrido la voz, y es publico pasó con dirección a alguno de dichos puertos”.
            En realidade, o prelado estaba soportando o furor da plebe “ignorante”. Primeiro na reitoral de Isorna-Rianxo, de onde fuxiu ás dúas da madrugada ante “la turba que lo quería asesinar”, salvándose grazas ao señor Cobián, de Padrón, e ao abade de Isorna, que lograran contelos. En Vilaxoán, tamén quixeron acoitelalo. Embarcou desde un punto “descoñecido” da ría de Arousa (posiblemente o Grove), o 19 de febreiro, con dirección a Cádiz, pero debido ao mal tempo o barco arribou en Lisboa o 1 de marzo. Foi autorizado a pasar a Ayamonte, onde permaneceu ata novembro.
            As súas peripecias descríbeas nunha extensa carta, inédita ata o de agora, que copiamos en parte:


            “Quien creyera Serenísimo Señor que en mis últimos años avía de andar prófugo y fugitivo, disfrazado en mi propio Arzobispado, y ocultándome de mis propias ovejas para no caer en manos de los Franceses, ni verme obligado a hacer el juramente de fidelidad a José Napoleón he pasado infinitos trabajos caminando por ásperas montañas y de noche he sufrido copiosas lluvias, de dos en dos días mudaba de Pueblo; cerca de dos meses anduve vagante, metiéndome algunas veces en cavernas de fieras y en casas las mas miserables e infelices para ocultarme de estos infames bandoleros, he logrado no caer en sus manos y estoy gustoso con lo pasado. Yo pude haberme libertado de tantos sustos, agitaciones y sobresaltos como he padecido pero avía determinado no abandonar el Arzobispado hasta que los Franceses se apoderasen de el y estar yo absolutamente imposibilitado de animarlo y esforzarlo, lo que no omití en cuanto pude (...) Me vi precisado a escapar por mar disfrazado de patrón de navío y a embarcarme en un barco de comercio, el temporal me obligó a entrar en Lisboa y suspender mi rumbo a Cádiz”

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada