jueves, 10 de noviembre de 2011

TARAGOÑA HABILITADA PARA EMBARQUE DE TECIDOS E ARTIGOS PROCEDENTES DE VILAGARCÍA, EN 1927.

Por Xosé Comoxo

Para Xosé R. Brea e Xosé Tubío, taragoñeses de sempre.


En abril de 1927, un grupo de veciños de Taragoña, encabezados polo crego Eusebio Fernández Ameixeiras, diríxense ao Ministerio de Facenda solicitando que a parroquia fora habilitada para o desembarco de pequenas expedicións de xéneros nacionais, froitos coloniais e para o embarque de produtos agrícolas e gando en réxime de tráfico de ría.

A súa petición estaba fundamentada en que sempre se efectuaran esas operacións, ata que o “Resguardo” as prohibira, “por no estar aquel punto habilitado, causando gran perjuicio al comercio y vecinos de aquella aldea con dicha prohibición” porque os transportes por terra eran máis dificultosos e custosos.

Ao respecto, as autoridades provinciais informaron favorablemente, se ben as da Mariña e Obras públicas entenderon que “debiera efectuarse obras de seguridad y la Comandancia de Carabineros pide aumento de fuerza en el puesto de Rianjo”.

Considerando que por atoparse Taragoña a unha hora escasa por mar da praza de Vilagarcía, da que se abastecen, “limitando el tráfico entre ambas a los artículos se causarían grandes perjuicios al comercio y vecinos de aquel poblado”, se fosen obrigados a conducir por terra as pequenas cantidades de artigos estranxeiros e de tecidos que necesitan para o seu abastecemento, por non existir liñas de transportes, entre outras consideracións, o Rei dispón, nunha Real Orden, os seguintes puntos:

“1.-Que aparte de la habilitación que ya disfruta el poblado de Taragoña (Coruña), por los artículos 277 y 278 y apéndice 1º de las Ordenanzas de Aduanas se habilite para el desembarque de tejidos y artículos extranjeros nacionalizados procedentes de Villagarcía de Arosa, los que deberán documentarse con talones de la serie C, número 1.

2.-Estos artículos y los demás sujetos a documentos de circulación, como los alcoholes y azúcares se comprenderán en talones independientes de los de las demás mercancías, debiendo el Jefe de Resguardo devolverlos con el cumplido a la Aduana en el primer correo.

3.-La Aduana de Villagarcía habilitará un talonario para documentar dichas mercancías exclusivamente y se cuidará de que le sean devueltos para unir a las matrices”.

1 comentario:

  1. Gracias Comoxo, ti tan documentado en todo. Pásolle información a Brea.

    ResponderEliminar