viernes, 7 de enero de 2011

NESTE 7 DE XANEIRO, O NOSO RECORDO ESTÁ CON CASTELAO

Comoxo

"A longura das súas magoantes horas tivo fin. Ollámolo saír da camilla coa testa vendada, cos ollos pechados e a face serea. Parecía estar a durmir tranquilo. Á súa beira, co corazón tronzado, corredor adiante, baixaba no ascensor dende o 4º ao 2º piso, e novamente corredor adiante hastra a súa habitación n. 203... Alí Virxinia, ¡esposa e "mater doorosa"!...
(...) Os días 5 e 6, inda que sin recobrar o conocimento, presentaba un estado xeral que era o normal e lóxico nunha operación desa cras, e cabía a reacción pronosticada. Mais, o día 7 pola mañán, xa os médicos deron craras mostras de inquedanza, e no enfermo notábanse alarmantes siños de fadiga..."
(...) Deseguida voltou a agravárese e comezou a súa agunía. Minutos denantes das once da noite cravouse fondamente, nos que estabamos presentes, o seu derradeiro salaio ¡Castelao fórasenos pra entrar na inmortalidade!"
(xaneiro, 1950)

martes, 4 de enero de 2011

RICARD BOADELLA UN VIOLONCHELISTA CATALÁN NO CAMPO DE CONCENTRACIÓN DE RIANXO

Xosé Comoxo

Ricard Boadella, nace en Barcelona en 1912, onde se formou musicalmente. Foi discípulo de Enric Morera na Escola Municipal de Música (Conservatorio Superior) nas clases preparatorias de composición, pero desde moi mozo sentiu predilección polo violonchelo, co que non tardou en distinguirse, guiado por Gaspar Cassadó, de quen foi discípulo predilecto. Simultaneamente ampliou os seus estudos en Alemania, na Hochschule de Berlín, cidade na que debutou aos 18 anos, iniciando así unha carreira chea de bos augurios que se confirmaron, aínda que despois e durante unha boa parte da súa vida tivo que loitar para destacar entre os concertistas da súa xeración.

Sus armas eran una dicción de gran densidad romántica y un sonido siempre impregnado de “charme” y de expresividad lírica, sin dejar nunca que el violonchelo perdiera su característico acento robusto y enérgico

Durante a guerra civil foi apresado polas forzas militares de Franco e trasladado ao campo de concentración de Rianxo (A Coruña), creado en novembro de 1937, onde deu mostras da súa habilidade co violonchelo. Foron infinitas as súas actuacións (ás veces formando dúo, co virtuoso tenor don José Sánchez, crego de Santa María de Iria, ou trío co organista José Pérez) tanto no citado campo como na igrexa parroquial de Santa Columba.
Rematada a contenda, regresou á súa Barcelona natal. Nos infelices 40 foille confiado polo pai Antonio Massana o estreo do seu Concerto que a Orquestra Municipal incluíu nos seus programas dirixidos por Toldrá. A obra obtivo unha acollida adversa, pero todos recoñeceron en Boadella un solista de extraordinario mérito dadas as dificultades da partitura.
Chegou a levar a dirección artística dos ciclos de concertos “Tardes Musicales” que organiza María Solanich, primeiro no Palau e despois na sala do Colexio de Avogados. Esta xenerosa aventura a favor do fomento da música de cámara prolongouse ao longo de 25 anos e foi unha obra de verdadeiro mecenado sostida “contra viento y marea” ata 1973.
Nese tempo Boadella saía ao estranxeiro a celebrar concertos (Italia, Francia, Grecua, Hungría...), incluso ao Japón, India e Filipinas.
No verán de 1975 estivo en Santander, onde actuou como secretario do Concurso Internacional de Piano alí convocado. Naquela cidade sufriu unha grave caída fortuíta da que se recuperou en parte, pero foi o comezo dunha doenza que se lle complicou irreversiblemente ata producirlle a morte en outubro de 1977.