Por Máximo Sar
O poste da lus
co vello cruceiro
a tasca de Crus
co cumio do outeiro.
Eusebio emprestoume a dorna
e doume tamén a “marca”
sen a cal non colle nada
quen queira pescar en barca.
Dende o porto de Palmeira
púxenme axiña a remar
e mesmo ó pillala “marca”
guindei a poutada ó mar.
Alí se enfiaba a lus
cun antigo cruceiro
e a taberna de Crus
cun penedo do outeiro.
Uns doce metros de liña
larguei cun camarón;
pero, pasaron as horas,
sen notar nin un tirón.
Cansado voltei ó porto
onde un vello mariñeiro
preguntou, con moita sorna,
¿traes ben cheo o caldeiro?.
--Non collín nin un piallo,
nin sequera un calamar.
--Non te alporices, rapás:
¡hoxe non había mar!
Tenteino ó día seguinte
por ver se tornara a sorte,
e tampouco matei nada,
¿Sería o vento do norte?
Outra ves topei ó vello
e con el fun platicar,
e díxome, con sabencia,
¡--hoxe había moito mar!
No hay comentarios:
Publicar un comentario